Animación_á_lectura

Tinta de Lura

Marzo 31st, 2011  |  Published in| the_category Animación_á_lectura

O proxecto Tinta de Lura nace co propósito de difundir e realizar unha promoción da literatura galega, máis concretamente da poesía galega, a través de novas canles. Unha mostra é a realización de camisetas con textos poéticos inseridos nelas. Na súa conta de facebook podedes ver outros deseños.

Raquel López Veleiro

Todo o ‘Quijote’ en Youtube

Marzo 23rd, 2011  |  Published in| the_category Animación_á_lectura

Grazas a Raquel V. souben deste interesante proxecto que a Real Academia Española e Youtube puxeron en marcha hai un tempo: a lectura íntegra do Quijote para a súa difusión a través deste portal de contidos audiovisuais, o máis visitado en internet.

Finalmente a iniciativa consta de 2 149 vídeos nos que outras tantas persoas de todo o ámbito hispanofalante (algunhas coñecidas e outras anónimas) van lendo cada unha das pasaxes dos dous volumes da obra cimeira da literatura española.

As lecturas están realizadas nos máis variados contextos, desde bibliotecas ou consultas médicas ata a carón dos propios muíños da Mancha dos que se fala no libro ou co monte Fuji xaponés de fondo.

Para cando un proxecto así coa Esmorga, Si o vello Sinbad volvese ás illas ou Memorias dun neno labrego? Héctor.