Bibliotecas

Castilla y León, donde más se lee

Marzo 14th, 2011  |  Published in| the_category Bibliotecas

Según un estudio del Instituto Nacional de Estadística y cuyas conclusiones publica hoy, 14 de marzo,  Radio Televisión Castilla y León, los castellanoleoneses son los que más visitan las bibliotecas de toda España.

Concretamente, son los más pequeños de la casa los más habituales en las más de 400 bibliotecas de toda la comunidad, lo que supone cerca de 10 millones de usuarios.

Sara

#librosentwitter

Marzo 9th, 2011  |  Published in| the_category Bibliotecas, Editores, Internet, Librarías, Redes_sociais

Comunicación cultural, blog de Dosdoce.com (observatorio das novas tecnoloxías no sector cultural) vén de sacar hai dez días unha campaña para promover a relación entre o mundo do libro e as redes sociais. En palabras dos seus responsables, entre eles, Javier Celaya: “El objetivo de esta campaña es animar a los responsables de Twitter a incluir en su sección “A quién seguir” una relación de cuentas relacionadas con el mundo del libro (autores, editoriales, librerías, bibliotecas, etc.)”. Desta forma obteremos contas relacionadas coas nosas afeccións. Esta iniciativa xa conta con máis de mil apoios. Para unirte só tes que publicar un tweet co hashtag #librosentwitter (teño que recoñecer que a primeira vez que o lin, pensando en galego, entendín xusto a idea contraria: libro-sen-twitter).

Raquel López Veleiro

Semana da Biblioteca en Irlanda

Marzo 6th, 2011  |  Published in| the_category Bibliotecas, Noticias_literarias

«A xente intelixente usa bibliotecas intelixentes» («Smart people use smart libraries») é o lema da Semana da Biblioteca organizada en Irlanda do 7 ao 13 de marzo. Actos, lecturas, exposicións que mobilizan a toda a rede bibliotecaria. Unha boa iniciativa para emular en Galicia.

Vía Trafegando ronseis.

M.B.

A biblioteca e o Ebook …

Marzo 1st, 2011  |  Published in| the_category Bibliotecas, Libro dixital

Mentras vemos como nos Estados Unidos e Canadá os préstamos nas  bibliotecas públicas de libros electrónicos están a  orden do día.Temos o contrapunto nas bibliotecas españolas onde os ebooks case nin existen.E xa non  porque o precio do  soporte sexa moito máis elevado aquí que en Estados Unidos.Senon que outra das cuestións é o fondo que está dixitalizado.Porque se os libros dixitalizados que podemos consultar son libros de fai corenta anos non está mal, pero sería máis interesante ter un abanico de posibilidades onde escoller.Non só “obras vintage”.O sistema implantado polo Ministerio de Cultura no que dotoú 5o dispositivos a 15 bibliotecas públicas do estado a parte de insufieciente.É curioso porque ¿cal sería o  criterio de elección desas bibliotecas?.Xa que se non se fai de forma uniforme estariamos ante un espellismo. Aínda que para surrealimo a contestación da bibliotecaria de Guadalajara o dicir- ¿Senón prestabamos lentes para ler, por qué sí lectores electrónicos?.

Fonte: El País.

Olaia.

Préstamo de libros electrónicos nas bibliotecas públicas

Febreiro 20th, 2011  |  Published in| the_category Bibliotecas, Libro dixital

Libro electrónicoSupoño que moitos xa o saberedes (porque ademais varios sodes usuarios), pero aproveito este blog para dicirvos que polo visto durante este mes de febreiro farase efectiva a posibilidade de levar prestados libros electrónicos na biblioteca pública de Santiago, a biblioteca Ánxel Casal. E non só iso: se os usuarios non dispoñemos do soporte de lectura necesario, o centro tamén nos prestará un e-reader! A de Santiago é unha das primeiras 15 bibliotecas públicas que poñerán en marcha este servizo, ao que durante 2011 se irán incorporando todos os centros xestionados polo Ministerio de Cultura. Complétase así o servizo de biblioteca dixital que xa funciona desde hai un tempo e ao que están adscritos todos os centros da Rede de Bibliotecas de Galicia.

De momento só se cargarán nos dispositivos electrónicos obras das que xa non se derivan dereitos de autor, é dicir, clásicos que polo xeral poden obterse facilmente en internet. Ademais, segue sendo necesario desprazarse fisicamente ata a biblioteca, tanto se precisamos do soporte electrónico como se xa somos parte dese 5% de españois que polo visto xa dispoñan do seu propio lector dixital. Quedaría por resolver, por tanto, unha dobre eiva: a imposibilidade de acceder das novidades editoriais e a carencia dun servidor multiplataforma para ler os libros sen necesidade de descarga. Pero non deixa de ser outro pasiño máis cara á convivencia entre o papel e o soporte dixital. Héctor.

A evolución do libro

Febreiro 22nd, 2010  |  Published in| the_category Bibliotecas, Historia do libro, Librarías

Tirado e Bibliotecários sem fromteiras. Vía Booktailors, obrigado.