Blogs_libros_edición

Grupo dx5

Marzo 1st, 2011  |  Published in| the_category Blogs_libros_edición

Con motivo da creación dun artigo para o blog recordei a páxina web de dx5, http://www.grupodx5.es/.  Considero que pode ser de interés para un estudantes dun máster de edición ou mesmo para os editores (no caso de que non a coñezan).

Antes de nada decir que se trata dun grupo de investigación formado por profesores do Departamento de debuxo da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Polo tanto os seu interés principal é o mundo da arte dentro do campo gráfico contemporáneo. Na páxina podemos atoparnos coas principais liñas de investigación; enlaces de páxinas web, revistas, fundacións… relacionados con este campo artístico; publicacións bastante interesantes do propio grupo, unha revista on-line gratuita e o enlace do sello Digigraphie de EPSON (impresión de alta calidade).

Mencionar que disfrutei algunhas das publicacións tales como:

Impresión piezoeléctrica : la estampa inyectada. algunas reflexiones en torno a la gráfica digital http://www.grupodx5.es/impresion-piezoelectrica-la.html

mapas invisibles para una gráfica electrónica. de la huella incisa al grabado con luz http://www.grupodx5.es/mapas-invisibles-para-una-grafica.html.

Considero que pode ser de interese sobretodo para aqueles que estean interesados en edición artística (catálogos de museos, galería e similares) así coma na creación dun libro de artista ou unha edición onde prime unha imaxe coidada  (libros ilutrados).

Espero que vos sexa de axuda e de interese e sobre todo que vos guste. Disfrutádea.

inés

Lanzamento 2.0

Marzo 18th, 2010  |  Published in| the_category Blogs_libros_edición, Creación _editorial, Editoriais, Eventos

Esta tarde, ás 20.00, a libraría Couceiro acolle en Compostela a posta de largo de 2.0 Editora, o lanzamento dunha nova editorial no panorama galego cunha vocación e aposta que promete aunar os soportes e formatos novos e os tradicionais. A andaina comeza coa presentación dos primeiros títulos que abren dúas coleccións: Mundos, de narrativa (coas traducións ao galego da Guía do autostopista galáctico, de Douglas Adams, e de Sen novas de Gurb, de Eduardo Mendoza) e Folcsonomías, de ensaio sobre comunicación e sociedade (o primeiro título será Un idioma preciso, de Xusto R. Río).

Esta aparición que, lemos na prensa, “axita o panorama da insdustria cultural galega”, trae da súa man tamén unha nova incorporación ao universo dos blogs sobre edición e comunicación cultural.

Raquel López

O emprego de Twitter na promoción editorial

Marzo 3rd, 2010  |  Published in| the_category Bibliografía, Blogs_libros_edición, Internet, Promoción

Dedicaremos hoxe a primeira parte da sesión á Promoción editorial en Internet. Utilizaremos, ademais dos apuntes que elaboramos, unha anotación que prepararon Alberto Vicente e Silvano Gozzer, os responsables dese blog extraordinario sobre o sector editorial que é Anatomía de la edición, sobre o emprego de Twitter na promoción editorial. Ambos os dous documentos poden baixarse en pdf. M.B.

Bouvard e Pécuchet

Marzo 1st, 2010  |  Published in| the_category Blogs_libros_edición, Crítica, Noticias_literarias

Manuel Rodríguez Alonso, crítico que viña desenvolvendo un intenso traballo de seguimento das novidades literarias galegas en Cartafol de Libros, abriu un blog de crítica baixo o nome «Bouvard e Pécuchet». Alonso dedica os seus primeiros traballos ás novelas recentes de Begoña Caamaño e Xabier Quiroga e os Episodios Galegos de Manuel Rivas.

Saudamos de forma entusiasta unha achega moi relevante para a crítica literaria galega. M.B.