Comercialización

Esperanzas de futuro para a industria editorial

Marzo 10th, 2011  |  Published in| the_category Comercialización, Editoriais, Internet, Libro dixital, Papel

Moito se ten falado do futuro das empresas de edición perante a cultura dixital. Nunha entrevista concedida a Libertad Digital, o escritor Lorenzo Silva (de quen Sara nos falou hai uns días neste mesmo blog) menciona unha serie de posibilidades abertas:

– o libro impreso de luxo, cun valor engadido alén do que poida ter o contido (este tipo de produto é salientado unha e outra vez polos especialistas);

– o libro impreso ben feito e cun prezo axustado, para agasallar;

– o libro impreso de usar e tirar, moi barato;

– o libro electrónico a prezos atractivos e sen DRM, especialmente obras que xa levan un tempo no mercado (posibilidade que o propio Silva ensaiou vendendo un paquete con algunhas das súas novelas por 15 euros).

Como se ve no titular da entrevista, o escritor fai unha advertencia: se non se adaparen aos novos tempos corren o risco de perder a iniciativa e o negocio; mais tamén se mostra confiado no bo porvir das editoras.

Un saúdo

Suso

Hay otros futuros para el libro

Marzo 1st, 2011  |  Published in| the_category Comercialización, Creación _editorial, Editoriais

Mientras teóricos del mundo editorial se ‘agarran’ al debate sobre el libro electrónico como opción de futuro, David Giménez cambia esta mirada con Cartonerita niñabonita, una editorial que se centra en la publicación de libros cartoneros, una técnica muy extendida en Sudamérica.

Este editor recibió hace años uno de estos libros de regalo, investigó y descubrió que en Argentina una editorial formada por intelectuales. El sello Eloísa cartonera, creado tras la crisis del ‘corrralito’ en 2003, fue el germen de otras muchas editoriales especializadas en libros de cartón, entre ellas la de Giménez, en Zaragoza. “Aprendiendo el proceso me he vuelto de corazón cartonero”, destaca. Pero no es la única en España. “Van surgiendo, pero de manos de hispanoamericanos que traen la idea”, apunta.El proceso es sencillo pero, eso sí, manual. “Cada libro es único porque están hechos a mano“. Como se realizan por encargo, se envía uno a la persona que ha realizado el pedido y, normalmente, se produce una tirada de unos 50 libros. De momento, la distribución es a través de la página web aunque ya hay librerías españolas que se han interesado por este novedoso producto.Yo preparo los cartones que recojo de la basura y de las cajas de mi bar, destrozo las cajas y preparo las portadas”. De las ilustraciones y la parte ‘más creativa’ se encargan dos chicas que trabajan con él y que “pintan lo que quieren”.

Fuente: http://www.elmundo.es/elmundo/2010/09/01/cultura/1283337121.html

Paula C.


O traxe novo do… autor

Febreiro 24th, 2011  |  Published in| the_category Comercialización, Creación _editorial, Cubertas, Editores, Editoriais, Librarías, Narrativa, Papel, Promoción

Xa que falamos das cubertas como un recurso atractivo do libro impreso fronte ao libro dixital, así como da idea do libro como obxecto (mercadoría) á vez que ben intanxible (cultura), quero falar de dous exemplos de como revestir aos clásicos con cubertas atractivas con fin de vendelos de novo.

A algúns —filólogos ou non— nos gusta volver aos clásicos da literatura universal de vez en cando e, persoalmente, se se trata de autores da literatura anglosaxona do dezanove, máis ainda. Pero se por riba ao botar unha ollada pola sección correspondente da librería visitada aparecen xoias da edición e do deseño tan atractivas como as que merquei e lin recentemente, non podo evitar caer na doce e pracenteira trampa comercial.

A primeira obra das dúas que menciono é Los papeles de Aspern (The Aspern Papers), de Henry James, que Alba Editorial publicou dentro da súa colección clásica en 2009 (ISBN 978-84-8428-484-0) cunha ilustración dun detalle dunha pintura de corte impresionista na que se amosa unha canle de Venecia que ocupa a totalidade da primeira de cuberta. Por un lado, ubícanos xeográficamente no lugar onde se desenvolve maxistralmente a trama desta novela e, por outro lado, colócanos temporalmente a finais do dezanove, cando o impresionismo conseguiu alcanzar o seu punto álxido.

A outra obra en realidade non a atopei de primeiras nunha libraría, senón que a vin na mesa do profesor Blanco Valdés na aula do mestrado en edición e, como ben envidiado e obxecto desexado, busqueina por algunha libraría virtual de internet ata que a conseguín mercar. Trátase da tradución dunha antoloxía de varios relatos de pantasmas de Charles Dickens editada maravillosamente e publicada por Impedimenta en 2009 baixo o título de Para leer al anochecer. Historias de fantasmas (ISBN 978-84-937601-0-6).  Nesta publicación todo é dunha edición coidadísima: a elección do papel en cada parte do libro, as ilustracións da cuberta e da sobrecuberta, a portada, a páxina de créditos,  a tipografía elexida en cada elemento, a combinación de cores nos textos, etc. A isto chámolle unha pequena xoia da edición.

Resumindo, o que quero dicir é que os clásicos non serán best-sellers hoxe en día, pero hai editoriais que saben atraer aos lectores deste tipo de literatura unindo a calidade do contido coa calidade do continente. É un novo traxe para o emperador, bueno, para o autor, que a algúns atrae coa vista e co tacto ao velo no escaparate. En min, como consumidor, funciona.

J. Augusto

Cal é o futuro de Libranda?

Febreiro 24th, 2011  |  Published in| the_category Comercialización, Dereitos de autor, Editoriais, Internet, Libro dixital

Ao fío do que se falou onte sobre as abusivas condicións económicas que os grandes grupos de distribución de contidos (Amazon, Apple, por exemplo) impoñen ás editoriais e aos lectores, e da noticia comentada por Silvia neste mesmo blog sobre o bo recibimento que os editores españois preparan a Amazon, gustaría facer unha pequena reflexión sobre cal é a función de Libranda e cal é o seu previsible futuro.

Libranda naceu da man dalgúns dos maiores grupos editoriais e de venda en liña de España, e estaba destinado a ser un portal de referencia na distribución de libros electrónicos. Porén, desde o seu nacemento, hai menos dun ano, toda a iniciativa estivo rodeada polos problemas e a polémica: os libros están protexidos por un DRM que impide a súa lectura nalgúns dos lectores electrónicos máis populares (Kindle e iPad), o proceso de compra é moi dificultoso, os títulos dispoñibles son moi escasos (pouco máis de 2000 até agora), e o prezo non é moi diferente do que teñen os libros de papel. Algúns avisaban hai ben pouco de que o proxecto xa está morto.

Agora, co desembarco de Amazon en España, non deixa de sorprender a efusiva benvida que lle preparan os editores (si, os mesmo que crearon Libranda). Perante tal situación, cómpre facérmonos algunhas preguntas: por que, cando tiveron a oportunidade de o facer, as grandes empresas do sector estiveron máis preocupadas de loitar contra a copia (legal) dos libros electrónicos que de crear un servizo eficaz e económico de distribución na rede?; por que agora se botan aos brazos de Amazon, se saben que o seu portal non pode competir (nin en imaxe de marca, nin en fidelizacíon de clientes, nin en servizos) co dunha empresa que nos EUA vende máis ebooks que libros de bolso?; por que o fan, alén diso, se saben que as condicións enconómicas que terán que aceptar nos seus acordos de distribución con Amazon serán abusivas para elas, para os autores e para os lectores?

Será que non lles importa cal sexa o prezo final das obras nin a porcentaxe recibida polos creadores mentres o seu beneficio relativo se manteña como até agora? Será que eu son moi mal pensado?

Un saúdo.

Suso

Feira do libro de París

Febreiro 21st, 2011  |  Published in| the_category Comercialización, Editoriais, Eventos, Feiras do libro, Feiras_do_libro, Promoción

Cando traballaba en TGC Print, unha das feiras de visita obrigatoria era o Salon du livre de París, que se celebra cada ano polo mes de marzo. Esta feira do libro reúne a pequenas, medianas e grandes editoriais de Francia e dos países francófonos e adoitan a agruparse no pavillón en seccións por rexións xeográficas. Para as imprentas españolas os editores franceses son uns dos seus principais clientes internacionais, polo que a visita dos impresores a esta gran feira da edición en lingua francesa é moi interesante dende o punto de vista comercial. Asimesmo, agora que teño que cambiar a miña perspectiva, debo dicir que para un editor é un exemplo de promoción editorial e de intercambio cultural digno de ser visitado. Para os que poidades ir, esta edición 2011 terá lugar no pavillón Paris Expo da Porte de Versailles entre os días 18 e 21 de marzo. Unha fin de semana que ainda estades a tempo de planificar.

J. Augusto

É o prezo fixo dos libros un dogma?

Febreiro 20th, 2011  |  Published in| the_category Comercialización

O prezo fixo, ou único, fixado polo editor volve ser sometido a debate. Nesta anotación de Antinomias Libro e neste artigo Manuel Gil propón unha reflexión sobre o actual sistema de prezos e de defensa da librarías. Tamén é interesante este artigo de Rafael Martínez Alés sobre o estado da cuestión en Europa.

Sobre o marco actual que regula o prezo fixo en España aconsellamos esta anotación de Paula Moreno Gil.

Manuel Bragado

Sobre a destrución de libros

Febreiro 20th, 2011  |  Published in| the_category Comercialización

Nestes tempos nos que sae máis barato mercar un produto tecnolóxico novo ca reparar o que se nos estraga, e nos que incluso se queiman colleitas ou alimentos xa transformados só por manter os prezos de mercado, tampouco é de estrañar que cando o libro remata a súa vida comercial (ás veces só uns meses), o seu destino máis probable sexa a destrución.

A eliminación física dos libros vai asociada, desde sempre, por un lado ao sometemento e a humillación dos oprimidos ou os vencidos (desde o nazismo alemán ata a nosa guerra civil, punto de partida d’Os libros arden mal, de Manuel Rivas; sen esquecer Ray Bardbury e o seu Fahrenheit 451). E por outro, á perda dun elemento de valor incalculable pola súa dobre condición de produto material e cultural, con exemplos como o incendio da biblioteca de Alexandría ou, xa nos nosos días, o saqueo da Biblioteca Nacional de Bagdad, sen esquecer (pasando de novo á ficción) a pasaxe final d’O nome da rosa de Umberto Eco.

Malia que a destrución por razóns mercantís carece desas connotacións de intolerancia, fanatismo e perda irrecuperable, non por iso deixa de invadirnos un certa inquedanza ao pensar que, por cuestións de loxística ou de negocio, case sempre é mellor converter en “picadillo” o que noutrora serviu de soporte a unha mensaxe que alguén considerou de suficiente valor ou interese como para convertela nun libro. E aínda máis cando algunha experiencia demostra que iniciativas como a venda a prezos de saldo podería salvar moitas obras de tan innobre e desacougante final. Héctor.

Acordo DILVE-Amazon

Febreiro 18th, 2011  |  Published in| the_category Comercialización, Libro dixital, Metadatos

A Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) e Amazon asinaron recentemente un acordo para integrar os metadatos (título, resumo, índice…) da plataforma DILVE (Distribución de Información del Libro Español en Venta) nos sistemas de información de Amazon, quen se encargará automaticamente de realizar as extraccións de datos, feito que pode axilizar as vendas  sen que o editor teña que facer ningunha operación adicional.

Fonte: DILVE e Ediciona

Silvia (Mestrado Edición)

Como impactar cun video promocional

Marzo 5th, 2010  |  Published in| the_category Comercialización, Promoción

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/F_jyXJTlrH0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Non sei se axuda ou non, mais cando vin este video promocional rápidamente pensei no máster e por suposto no noso marabilloso blog. Este video promocional realizouse en stop motion (A moza cadaver, Tim Burton) para o Book Council de Nueva Zelanda, una organización nacional sen ánimo de lucro que ten como obxectivo inculcar e difundir a lectura entre os neozelandeses. Cada vez que vexo un Video desta calidade éntrame a curiosidade por saber cantas horas leva facelo. Espero que vos agrade e vos axude para ese traballo promocional.

Como vedes a promoción precisa de orixinalidade e neste caso, a pesar de usar un método tan básico, tivo un efecto espectacular na rede con máis dun millón de visitas. Polo tanto cunha cámara fotográfica, moi pero que moi rápida no disparo, e o manexo dun programa como o stop motion studio ou o Windows Live Movie xunto a un bo manexo do photoshop pódense facer videos promocionais espectaculares.

Anxo Bea

Vender os libros on line

Febreiro 25th, 2010  |  Published in| the_category Comercialización, Editores, Librarías, Promoción

César Martín propociona nunha recente anotación orientacións para libreiros e editores para mellor vender os libros impresos e dixitais en Internet. Para as editoriais aconsella revisar a estrutura das súas webs, montar oulets on line para libros con esacasa saída e participar activamente nas redes sociais. Para os libreiros unirse e reconverterse en espazos de socialización e encontro. Propostas, sen dúbida, interesantes. M.B.

Bibliografía sobre edición e actividade editorial

Febreiro 22nd, 2010  |  Published in| the_category Bibliografía, Comercialización, Creación _editorial, Editores, Editoriais, Historia do libro, Libro dixital, Promoción

Velaí a primeira relación de fontes bibliográficas que utilizaremos no módulo «Edición e actividade editorial» do Mestrado en Edición das Universidades de Vigo e Santiago:

Fontes impresas libros:

Fontes impresas revistas e informes:

Fontes electrónicas: