Cómic

Take on me: unha homenaxe ao cómic

Marzo 18th, 2011  |  Published in| the_category Cómic

Por algunha razón comprensible, esta mañá despertei cunha melodía na mente que probablemente escoitara a noite pasada: Take on me, de A-Ha, un clásico das pistas de baile dos 80, que, polo que se ve, non pasou de moda, xa que ata eu me emociono cando soa sobre a dance floor do 2011. Deume entón por buscar o videoclip orixinal deste tema, xa que lembraba que na historia do mesmo aparecían imaxes estilo banda deseñada. O atopei en YouTube e, efectivamente, a historia do vídeo é totalmente unha homenaxe ao lector (lectora, neste caso) de cómics e aos ilustradores deste xénero da edición. É como os booktráilers de hoxe en día, pero ao revés: a banda deseñada serve para promocionar unha canción. Disfrutade e/ou rememorade o vídeo e a canción.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/djV11Xbc914" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

E, se picades aquí, podedes botar unhas risas coa parodia/homenaxe que fixeron deste vídeclip nun capítulo de Family Guy.

J. Augusto

Mil raios…!

Marzo 5th, 2011  |  Published in| the_category Cómic

Tintin é unha das referencias imprescindibles á hora de falar da banda deseñada no século XX, que é case o mesmo que falar da historia do cómic en xeral, pois agás algúns precursores decimonónicos, a historieta é unha técnica artística (a novena arte, hai quen lle chama) relativamente recente.

O personaxe de Hergé é o protagonista dunha saga de aventuras que se traduciu a máis de 70 idiomas (entre eles o galego) e que leva vendidos (aínda que é difícil consensuar as cifras procedentes de tan variadas orixes) máis de 250 millóns de exemplares en todo o mundo.

O fenómeno Tintin fixo que a todo o ancho do planeta apareceran clubs de tintinófilos, que non só comparten a súa paixón polos cómics, senón por todo o que teña algunha relación co intrépido reporteiro louro, desde figuriñas dos personaxes a películas (con actores reais e de animación), pasando por complementos como reloxos, chapeus ou chaveiros e mesmo selos de correos.

Precisamente a fin de semana que vén celébrase en Madrid a II edición do Encontro de Tintinófilos de Fala Hispana, onde participará o noso profesor do máster Pedro Rey, quen mantén este blog dedicado en exclusiva á información relativa a Tintin e os seus compañeiros de aventuras: o can Milú, o capitán Haddock, o profesor Tornasol, os detectives Hernández&Fernández, a Castafiore… Héctor.

O camiño dos nosos esforzos (banda deseñada)

Marzo 4th, 2010  |  Published in| the_category Cómic, Internet, Libro dixital, Sen clasificar

miguelanxo prado en entrecomics.com

A recente aparición do iMotion Comic de Miguelanxo Prado semella ser un novo punto de inflexión do discutido libro dixital e das súas formas, variantes, porvenir e intencións, aportando unha nova característica a un formato de sobra coñecido por todos. Esta semana, doutra banda, aparece un Macbeth interactivo e adaptable da man de Classical Comics que semella insistir nunha renovación do medio.
Produtos novos ou un camiño de dinosaurios cara os debuxos animados?

n.m.

Dicionario de onomatopeas

Febreiro 25th, 2010  |  Published in| the_category Cómic, Creación _editorial, Dicionarios, Historia do libro, Novidades

A aparición do Diccionario de onomatopeyas del cómic, autoría de Luis Gasca e Román Gubern, abre a porta a un paraíso para todas as persoas amantes da banda deseñada. Ofrece, no mesmo formato ca un dicionario, máis de 500 propostas de onomatopeas acompañadas dun exemplo en forma de viñeta. Moitas destas onomatopeas xa están establecidas como convención propia da linguaxe da historia gráfica. O seu uso podémolo estender a toda a literatura, pois recolle: sons non verbais de produción humana, sons de produción animal, sons producidos pola natureza, sons producidos pola interacción dun ser vivo e un obxecto e sons producidos por obxectos.

Carme P.