Creación _editorial

Hay otros futuros para el libro

Marzo 1st, 2011  |  Published in| the_category Comercialización, Creación _editorial, Editoriais

Mientras teóricos del mundo editorial se ‘agarran’ al debate sobre el libro electrónico como opción de futuro, David Giménez cambia esta mirada con Cartonerita niñabonita, una editorial que se centra en la publicación de libros cartoneros, una técnica muy extendida en Sudamérica.

Este editor recibió hace años uno de estos libros de regalo, investigó y descubrió que en Argentina una editorial formada por intelectuales. El sello Eloísa cartonera, creado tras la crisis del ‘corrralito’ en 2003, fue el germen de otras muchas editoriales especializadas en libros de cartón, entre ellas la de Giménez, en Zaragoza. “Aprendiendo el proceso me he vuelto de corazón cartonero”, destaca. Pero no es la única en España. “Van surgiendo, pero de manos de hispanoamericanos que traen la idea”, apunta.El proceso es sencillo pero, eso sí, manual. “Cada libro es único porque están hechos a mano“. Como se realizan por encargo, se envía uno a la persona que ha realizado el pedido y, normalmente, se produce una tirada de unos 50 libros. De momento, la distribución es a través de la página web aunque ya hay librerías españolas que se han interesado por este novedoso producto.Yo preparo los cartones que recojo de la basura y de las cajas de mi bar, destrozo las cajas y preparo las portadas”. De las ilustraciones y la parte ‘más creativa’ se encargan dos chicas que trabajan con él y que “pintan lo que quieren”.

Fuente: http://www.elmundo.es/elmundo/2010/09/01/cultura/1283337121.html

Paula C.


Alternativas libres aos programas de Adobe

Marzo 1st, 2011  |  Published in| the_category Creación _editorial

Estas últimas semanas estivemos a aprender o funcionamento básico dalgúns programas da Adobe Creative Suite. Agora que xa sabemos, máis ou menos, crear imaxes co Illustrator, modificalas co Photoshop, e colocalas no seu debido sitio co Indesign, pensei que sería unha boa idea suxerir algúns programas equivalentes e sen custo, que nos aforrarían reinstalar as versións de proba de Adobe así que caducasen.

O primeiro aplicativo é Inskcape, dedicado ao deseño vectorial. Con el podedes acadar resultados como este:

O segundo, destinado a modificar imaxes en mapa de bits, é o GIMP. Aí o tedes en acción:

E para facermos a paxinación dos documentos temos o terceiro programa: Scribus. Outra imaxe máis:

Como podedes ver, o aspecto é bastante somellante ao dos programas que estamos a ver no mestrado. Se cadra non todas as funcións presentes nos de Adobe as podedes achar nestes; mais pensade: quen usa todas as funcións dos programas de Adobe?

E para rematar, ou para comezar o traballo, LibreOffice (derivado de OpenOffice), un programa de ofimática equivalente ao MS Office e compatible con el:

Todos estes programas están dispoñibles en varios idiomas, e tamén teñen versións portátiles, para levardes no voso pendrive sen necesidade de as instalar no computador. Alén diso, todos son gratuítos e teñen licenzas libres: podedes descargalos, instalalos, copialos, distribuílos e modificalos (se souberdes como) ao voso gusto.

Un saúdo.

Suso

O traxe novo do… autor

Febreiro 24th, 2011  |  Published in| the_category Comercialización, Creación _editorial, Cubertas, Editores, Editoriais, Librarías, Narrativa, Papel, Promoción

Xa que falamos das cubertas como un recurso atractivo do libro impreso fronte ao libro dixital, así como da idea do libro como obxecto (mercadoría) á vez que ben intanxible (cultura), quero falar de dous exemplos de como revestir aos clásicos con cubertas atractivas con fin de vendelos de novo.

A algúns —filólogos ou non— nos gusta volver aos clásicos da literatura universal de vez en cando e, persoalmente, se se trata de autores da literatura anglosaxona do dezanove, máis ainda. Pero se por riba ao botar unha ollada pola sección correspondente da librería visitada aparecen xoias da edición e do deseño tan atractivas como as que merquei e lin recentemente, non podo evitar caer na doce e pracenteira trampa comercial.

A primeira obra das dúas que menciono é Los papeles de Aspern (The Aspern Papers), de Henry James, que Alba Editorial publicou dentro da súa colección clásica en 2009 (ISBN 978-84-8428-484-0) cunha ilustración dun detalle dunha pintura de corte impresionista na que se amosa unha canle de Venecia que ocupa a totalidade da primeira de cuberta. Por un lado, ubícanos xeográficamente no lugar onde se desenvolve maxistralmente a trama desta novela e, por outro lado, colócanos temporalmente a finais do dezanove, cando o impresionismo conseguiu alcanzar o seu punto álxido.

A outra obra en realidade non a atopei de primeiras nunha libraría, senón que a vin na mesa do profesor Blanco Valdés na aula do mestrado en edición e, como ben envidiado e obxecto desexado, busqueina por algunha libraría virtual de internet ata que a conseguín mercar. Trátase da tradución dunha antoloxía de varios relatos de pantasmas de Charles Dickens editada maravillosamente e publicada por Impedimenta en 2009 baixo o título de Para leer al anochecer. Historias de fantasmas (ISBN 978-84-937601-0-6).  Nesta publicación todo é dunha edición coidadísima: a elección do papel en cada parte do libro, as ilustracións da cuberta e da sobrecuberta, a portada, a páxina de créditos,  a tipografía elexida en cada elemento, a combinación de cores nos textos, etc. A isto chámolle unha pequena xoia da edición.

Resumindo, o que quero dicir é que os clásicos non serán best-sellers hoxe en día, pero hai editoriais que saben atraer aos lectores deste tipo de literatura unindo a calidade do contido coa calidade do continente. É un novo traxe para o emperador, bueno, para o autor, que a algúns atrae coa vista e co tacto ao velo no escaparate. En min, como consumidor, funciona.

J. Augusto

Dez consellos para deseñar unha cuberta

Febreiro 19th, 2011  |  Published in| the_category Creación _editorial, Promoción

Non me resisto a deixar de enlazar os 10 consellos de Jane Friedman para deseñar boas cubertas de libros, recollidos por Arantxa Mellado nunha anotación en Ediciona. Sei que este decálogo (moi discutible como son todo este tipo de listas) pode darnos moito xogo para o debate nunha das sesións do máster de edición que nos ocupa as tardes destas semanas:

  1. Para o título emprega corpos grandes e tipografías de lectura doada.
  2. Comproba como queda en miniatura, xa que así se verás nas webs.
  3. Non utilices nunca tipografías como Comic sans ou Papyrus.
  4. Utiliza como máximo dúas fontes.
  5. Non empregues as túas ilustracións.
  6. É recomendable empregar fotografías de arquivos de calidade.
  7. Non insertes unha imaxe dentro dunha caixa (como fai Salamandra, Anagrama, Tusquets ou Xerais).
  8. Evita os degradados.
  9. Evita as combinacións de cores rechamantes.
  10. Deixa o deseño das cubertas en mans dos deseñadores profesionais.

Actualización (20-02-2011): A anotación de J.A. Millán sobre a variedade de cubertas dunha obra (neste caso sobre Outra volta de torca de Henry James amplía o debate sobre este tema. Manuel Bragado

Lanzamento 2.0

Marzo 18th, 2010  |  Published in| the_category Blogs_libros_edición, Creación _editorial, Editoriais, Eventos

Esta tarde, ás 20.00, a libraría Couceiro acolle en Compostela a posta de largo de 2.0 Editora, o lanzamento dunha nova editorial no panorama galego cunha vocación e aposta que promete aunar os soportes e formatos novos e os tradicionais. A andaina comeza coa presentación dos primeiros títulos que abren dúas coleccións: Mundos, de narrativa (coas traducións ao galego da Guía do autostopista galáctico, de Douglas Adams, e de Sen novas de Gurb, de Eduardo Mendoza) e Folcsonomías, de ensaio sobre comunicación e sociedade (o primeiro título será Un idioma preciso, de Xusto R. Río).

Esta aparición que, lemos na prensa, “axita o panorama da insdustria cultural galega”, trae da súa man tamén unha nova incorporación ao universo dos blogs sobre edición e comunicación cultural.

Raquel López

O camiño dos nosos esforzos (libro interactivo)

Marzo 6th, 2010  |  Published in| the_category Creación _editorial, Editoriais, Internet, Libro dixital, Literatura_infantil_e_xuvenil, Novidades

Dúas propostas de publicacións interactivas por parte de El Mundo e de Penguin. Semella especialmente interesante a introducción da “realidade aumentada” da proposta de Penguin.

n.m.

Rébecca Dautremer: a ilustradora

Marzo 5th, 2010  |  Published in| the_category Creación _editorial, Literatura_infantil_e_xuvenil

Rébecca Dautremer é unha ilustradora francesa, debuxante para prensa, cartelista, deseñadora gráfica e de xoguetes. É preciso ter diante as súas ilustracións para gozar co seu traballo. Debemos citar o seu traballo nos álbums ilustrados El gigante y los pájaros, Babaiaga, Cyrano, Princesas olvidadas o desconocidas, Nasrudín, Enamorados, Sentimento ou Elvis. A delicadeza coa que crea os diferentes personaxes atrae a atención cara a ela e cara ao gusto polo álbum ilustrado.

Este blog achéganos a esta magnífica ilustradora cunha entrevista na que nos desvela como chegou a ser ilustradora de álbums, as técnicas que emprega nos seus traballos ou a súa relación coa escrita dos seus propios álbums.

Carme P.

A relevancia dos correctores

Febreiro 25th, 2010  |  Published in| the_category Corrección, Creación _editorial, Editores

Un lector apenas descifra cando está inmerso na lectura; só capta unhas poucas luzadas e deixa que o seu cerebro recoñeza e reconstrúa o resto. Un corrector, pola contra, sabe que se procede dese xeito a meirande parte do contido vai escapar ao seu control, así que, como primeiro paso, esmiúza cada segmento mínimo do código; despois, interprétao mentalmente; e, finalmente, volve ao texto e comproba se esa imaxe mental coincide co que está escrito.

Nun vídeo realizado en Francia examinan o xeito de actuar, ante un texto, uns ollos de lector fronte a uns ollos de corrector, é sorprendente.

Carmen P.

Dicionario de onomatopeas

Febreiro 25th, 2010  |  Published in| the_category Cómic, Creación _editorial, Dicionarios, Historia do libro, Novidades

A aparición do Diccionario de onomatopeyas del cómic, autoría de Luis Gasca e Román Gubern, abre a porta a un paraíso para todas as persoas amantes da banda deseñada. Ofrece, no mesmo formato ca un dicionario, máis de 500 propostas de onomatopeas acompañadas dun exemplo en forma de viñeta. Moitas destas onomatopeas xa están establecidas como convención propia da linguaxe da historia gráfica. O seu uso podémolo estender a toda a literatura, pois recolle: sons non verbais de produción humana, sons de produción animal, sons producidos pola natureza, sons producidos pola interacción dun ser vivo e un obxecto e sons producidos por obxectos.

Carme P.

Bibliografía sobre edición e actividade editorial

Febreiro 22nd, 2010  |  Published in| the_category Bibliografía, Comercialización, Creación _editorial, Editores, Editoriais, Historia do libro, Libro dixital, Promoción

Velaí a primeira relación de fontes bibliográficas que utilizaremos no módulo «Edición e actividade editorial» do Mestrado en Edición das Universidades de Vigo e Santiago:

Fontes impresas libros:

Fontes impresas revistas e informes:

Fontes electrónicas: