Crítica

Máis revisións, por favor!

Marzo 3rd, 2011  |  Published in| the_category Corrección, Crítica, Publicidade

Non está ben reparar nos erros alleos, pero non podo evitar comentalo, síntoo. Que está pasando cos correctores? Ou, mellor dito, que pasa cos publicistas que non pasan polos correctores? Ou coa xente que crea cousas sen dominar a arte das letras. Non fai falla ser humanistas do Renacemento, só hai que ter un pouco de criterio estético.

Antes deste máster xa reparara nalgúns, pero agora non paro de ver criterios ortotipográficos mal aplicados (son demasiado minuciosa ou perséguenme?). Empecemos, por exemplo, con algúns programas da tele e a súa “puntuación”. Os puntos detrás dos printers non sei ata que punto calificalos de erro, pero as comas entre suxeito e predicado…

Non remato aquí. Non me canso de ver o seguinte anuncio (toda unha obra mestra ao meu modo de ver), mais… non sería conveniente facer uns pequeniños cambios ao final do texto?

O mesmo acontece, por exemplo, cos anuncios actuais de Milka, Calzedonia ou Intimissimi. Non quero desmerecelos, pero creo que o “ruído” que presentan pode distraer un pouco a atención do espectador con respecto do contido (ou non, tamén pode ser que isto só me pase a min). Estou de acordo en que é máis importante o fondo que a forma e isto non son máis que insignificancias, pero os pequenos detalles tamén teñen a súa importancia.

Dende aquí gustaríame reivindicar a tarefa de corrector. Visto o visto, mesmo vou máis alá: a ortotipografía debería ser unha profesión como tal. Para que despois digan que non somos necesarios…

Raquel V.

Bouvard e Pécuchet

Marzo 1st, 2010  |  Published in| the_category Blogs_libros_edición, Crítica, Noticias_literarias

Manuel Rodríguez Alonso, crítico que viña desenvolvendo un intenso traballo de seguimento das novidades literarias galegas en Cartafol de Libros, abriu un blog de crítica baixo o nome «Bouvard e Pécuchet». Alonso dedica os seus primeiros traballos ás novelas recentes de Begoña Caamaño e Xabier Quiroga e os Episodios Galegos de Manuel Rivas.

Saudamos de forma entusiasta unha achega moi relevante para a crítica literaria galega. M.B.

A ágora dixital

Febreiro 23rd, 2010  |  Published in| the_category Crítica, Editores, Libro dixital

Andreu Jaume, editor de Lumen, publica hoxe en El País un interesante artigo titulado “El ágora digital“. Jaume defende a función social que cumpre o editor, “inspirada no criterio con que constrúe o seu catálogo e orientada a mediar entre o autor e o seu público ideal”. Ademais de reivindicar o papel da crítica, considera que “a chegada do libro dixital quizais sexa unha boa oportunidade para propoñer unha reflexión en profundidade en torno ao oficio de escritores, editores e críticos”. Recomendamos este texto moi interesante. C.Torres