Cubertas

O traxe novo do… autor

Febreiro 24th, 2011  |  Published in| the_category Comercialización, Creación _editorial, Cubertas, Editores, Editoriais, Librarías, Narrativa, Papel, Promoción

Xa que falamos das cubertas como un recurso atractivo do libro impreso fronte ao libro dixital, así como da idea do libro como obxecto (mercadoría) á vez que ben intanxible (cultura), quero falar de dous exemplos de como revestir aos clásicos con cubertas atractivas con fin de vendelos de novo.

A algúns —filólogos ou non— nos gusta volver aos clásicos da literatura universal de vez en cando e, persoalmente, se se trata de autores da literatura anglosaxona do dezanove, máis ainda. Pero se por riba ao botar unha ollada pola sección correspondente da librería visitada aparecen xoias da edición e do deseño tan atractivas como as que merquei e lin recentemente, non podo evitar caer na doce e pracenteira trampa comercial.

A primeira obra das dúas que menciono é Los papeles de Aspern (The Aspern Papers), de Henry James, que Alba Editorial publicou dentro da súa colección clásica en 2009 (ISBN 978-84-8428-484-0) cunha ilustración dun detalle dunha pintura de corte impresionista na que se amosa unha canle de Venecia que ocupa a totalidade da primeira de cuberta. Por un lado, ubícanos xeográficamente no lugar onde se desenvolve maxistralmente a trama desta novela e, por outro lado, colócanos temporalmente a finais do dezanove, cando o impresionismo conseguiu alcanzar o seu punto álxido.

A outra obra en realidade non a atopei de primeiras nunha libraría, senón que a vin na mesa do profesor Blanco Valdés na aula do mestrado en edición e, como ben envidiado e obxecto desexado, busqueina por algunha libraría virtual de internet ata que a conseguín mercar. Trátase da tradución dunha antoloxía de varios relatos de pantasmas de Charles Dickens editada maravillosamente e publicada por Impedimenta en 2009 baixo o título de Para leer al anochecer. Historias de fantasmas (ISBN 978-84-937601-0-6).  Nesta publicación todo é dunha edición coidadísima: a elección do papel en cada parte do libro, as ilustracións da cuberta e da sobrecuberta, a portada, a páxina de créditos,  a tipografía elexida en cada elemento, a combinación de cores nos textos, etc. A isto chámolle unha pequena xoia da edición.

Resumindo, o que quero dicir é que os clásicos non serán best-sellers hoxe en día, pero hai editoriais que saben atraer aos lectores deste tipo de literatura unindo a calidade do contido coa calidade do continente. É un novo traxe para o emperador, bueno, para o autor, que a algúns atrae coa vista e co tacto ao velo no escaparate. En min, como consumidor, funciona.

J. Augusto

Cubertas: amor a primeira vista

Febreiro 24th, 2011  |  Published in| the_category Cubertas

Moitos son os que din que un libro non debe ser xulgado pola súa cuberta. Agora que vivimos tempos de sobresaturación de contidos nos que temos que seleccionar nun instante que película ver, a que restaurante ir, que país visitar… e que libro comprar; o deseño de cubertas vai ocupar un lugar privilexiado.

Deixo un enlace a unha galería extensísima de deseño de cubertas categorizadas por autor, fotógrafo, estilo, título…, incluso pola tipografía empregada.
http://bookcoverarchive.com/

E xa que falamos onte do magnífico Daniel Gil deixo esta recopilación dalgunhas das suas cubertas feitas para Alianza Editorial.
http://www.flickr.com/photos/alwayschapas/sets/72157608174037177/

Paula C.