Dereitos de autor

Cal é o futuro de Libranda?

Febreiro 24th, 2011  |  Published in| the_category Comercialización, Dereitos de autor, Editoriais, Internet, Libro dixital

Ao fío do que se falou onte sobre as abusivas condicións económicas que os grandes grupos de distribución de contidos (Amazon, Apple, por exemplo) impoñen ás editoriais e aos lectores, e da noticia comentada por Silvia neste mesmo blog sobre o bo recibimento que os editores españois preparan a Amazon, gustaría facer unha pequena reflexión sobre cal é a función de Libranda e cal é o seu previsible futuro.

Libranda naceu da man dalgúns dos maiores grupos editoriais e de venda en liña de España, e estaba destinado a ser un portal de referencia na distribución de libros electrónicos. Porén, desde o seu nacemento, hai menos dun ano, toda a iniciativa estivo rodeada polos problemas e a polémica: os libros están protexidos por un DRM que impide a súa lectura nalgúns dos lectores electrónicos máis populares (Kindle e iPad), o proceso de compra é moi dificultoso, os títulos dispoñibles son moi escasos (pouco máis de 2000 até agora), e o prezo non é moi diferente do que teñen os libros de papel. Algúns avisaban hai ben pouco de que o proxecto xa está morto.

Agora, co desembarco de Amazon en España, non deixa de sorprender a efusiva benvida que lle preparan os editores (si, os mesmo que crearon Libranda). Perante tal situación, cómpre facérmonos algunhas preguntas: por que, cando tiveron a oportunidade de o facer, as grandes empresas do sector estiveron máis preocupadas de loitar contra a copia (legal) dos libros electrónicos que de crear un servizo eficaz e económico de distribución na rede?; por que agora se botan aos brazos de Amazon, se saben que o seu portal non pode competir (nin en imaxe de marca, nin en fidelizacíon de clientes, nin en servizos) co dunha empresa que nos EUA vende máis ebooks que libros de bolso?; por que o fan, alén diso, se saben que as condicións enconómicas que terán que aceptar nos seus acordos de distribución con Amazon serán abusivas para elas, para os autores e para os lectores?

Será que non lles importa cal sexa o prezo final das obras nin a porcentaxe recibida polos creadores mentres o seu beneficio relativo se manteña como até agora? Será que eu son moi mal pensado?

Un saúdo.

Suso

“Todo va a cambiar” de Enrique Dans

Marzo 6th, 2010  |  Published in| the_category Dereitos de autor, Editores, Libro dixital, Novidades

“Todo va a cambiar é o manifesto no que Enrique Dans nos amosa o camiño que vai tomar a promoción cultural e de lecer cos avances tecnolóxicos dos últimos tempos. Prestade atención á xustificación que fai respecto da  publicación do  libro xa que é a primeira vez que o grupo Planeta lanza unha edición con “Creative Commons“, o que significa que os dereitos de autor son da editorial, pero o contido se pode usar con liberdade, con mención á fonte.

Jose Luis Mateo

Os dereitos de autor ante a dixitalización

Febreiro 24th, 2010  |  Published in| the_category Dereitos de autor, Libro dixital

No día de onte, a ACETT (Asociación de escritores e tradutores), colgou na súa web un documento que explica aos asociados como negociar os seus dereitos de autor para formatos dixitais. C.Torres