Editores

Editores ante o final da era Gutenberg

Marzo 20th, 2011  |  Published in| the_category Editores

O xornal El País está publicando todos os domingos unha entrevista relacionada co mundo editorial, baixo o nome común de Editores ante el final de la era Gutenberg e realizadas polo xornalista Juan Cruz (o mesmo daquela polémica entrevista ao filósofo George Steiner de hai un par de anos).

Ademais da realizada a Peter Mayer (ex-presidente de Penguin), aparecida o día 6 de marzo e da que xa se deu conta neste blog, a semana pasada apareceu unha entrevista a Riccardo Cavallero, director xeral de libros do Grupo Mondadori, e hoxe incluíuse nas súas páxinas de Cultura estoutra con Sigrid Klaus, directora editorial de Salamandra.

Actualización do 30 de marzo. a cuarta entrega desta serie de entrevistas é a realizada a Antoine Gallimard, director da editorial francesa do mesmo nome.

Héctor.

#librosentwitter

Marzo 9th, 2011  |  Published in| the_category Bibliotecas, Editores, Internet, Librarías, Redes_sociais

Comunicación cultural, blog de Dosdoce.com (observatorio das novas tecnoloxías no sector cultural) vén de sacar hai dez días unha campaña para promover a relación entre o mundo do libro e as redes sociais. En palabras dos seus responsables, entre eles, Javier Celaya: “El objetivo de esta campaña es animar a los responsables de Twitter a incluir en su sección “A quién seguir” una relación de cuentas relacionadas con el mundo del libro (autores, editoriales, librerías, bibliotecas, etc.)”. Desta forma obteremos contas relacionadas coas nosas afeccións. Esta iniciativa xa conta con máis de mil apoios. Para unirte só tes que publicar un tweet co hashtag #librosentwitter (teño que recoñecer que a primeira vez que o lin, pensando en galego, entendín xusto a idea contraria: libro-sen-twitter).

Raquel López Veleiro

Entrevista a Blanco Valdés

Marzo 7th, 2011  |  Published in| the_category Editores, Noticias_literarias

Hai persoas que len o xornal de atrás cara adiante por considerar ese movemento máis natural; en cambio, outras lémolo de diante cara atrás sen máis consideración.

Os lectores do segundo grupo tivemos que esperar hoxe á ultima folla de La Voz de Galicia para atoparnos coa entrevista que o noso querido ex-profesor Blanco Valdés lle concedeu a este xornal.

Raquel V.

«Editar é unha cuestión de instinto»

Marzo 6th, 2011  |  Published in| the_category Editores, Libro dixital, Narrativa, Promoción

A piques de rematar a materia, esta entrevista de Juan Cruz a Peter Mayer, o editor que foi de Penguin, pode resumir moi ben algunhas das ideas sobre as que debatemos nestas catro semanas.

Recoméndoa moi vivamente. M.B.

Competencia nos libros electrónicos?

Marzo 3rd, 2011  |  Published in| the_category Editores, Libro dixital

Os libros electrónicos están continuamente no punto de mira. Comparten defensores e detractores, suscitan moitas polémicas, fan pensar na desaparición dos libros en papel e, sobre todo, moven a industria editorial.

O último sobre eles é a nova que apareceu hoxe en La Voz de Galicia: algunhas editoriais de varios estados membros da UE están sendo investigadas por pactar o prezo dos libros electrónicos. Sospéitase que se puideron violar algunhas normas europeas de competencia que prohiben prácticas restrictivas, motivo polo cal se realizaron algunhas inspeccións por sorpresa. Con todo, isto non significa que as editoriais sexan culpables nin prexulgan o resultado da investigación.

O director executivo da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) indicou que todos os seus asociados están libres de sospeita e que o país máis afectado é Francia, onde se está debatendo un proxecto de lei sobre o libro electrónico que enfronta as editoriais francesas con Amazon. Con respecto a isto, é tamén interesante o artigo da web de RTVE, no que se apreza a “batalla de fondo” entre o portal estadounidense e os editores galos.

Raquel V.

 

Marcos Calveiro, o bo escoitador

Febreiro 26th, 2011  |  Published in| the_category Editores, Narrativa, Promoción

A visita de Marcos Calveiro, o xoves pasado, foi unha das experiencias máis enriquecedoras que, na miña opinión, puidemos ter durante o mestrado de edición. Descubrimos a un Calveiro “bo escoitador”, como el se identificou na súa visita á familia de Lois Pereiro, para a elaboración do novo libro publicado por Xerais con motivo das Letras Galegas deste ano, pero tamén descubrimos que á parte de bo escoitador é un grande orador, cunha capacidade de facer que  tiveramos a sensación de aprender unha chea de cousas e de que el gozaba contándoas.

Creo que foi unha experiencia que nos enriqueceu a todos/as, por uns motivos ou por outros. Agardo que que así fose. Silvia.

O traxe novo do… autor

Febreiro 24th, 2011  |  Published in| the_category Comercialización, Creación _editorial, Cubertas, Editores, Editoriais, Librarías, Narrativa, Papel, Promoción

Xa que falamos das cubertas como un recurso atractivo do libro impreso fronte ao libro dixital, así como da idea do libro como obxecto (mercadoría) á vez que ben intanxible (cultura), quero falar de dous exemplos de como revestir aos clásicos con cubertas atractivas con fin de vendelos de novo.

A algúns —filólogos ou non— nos gusta volver aos clásicos da literatura universal de vez en cando e, persoalmente, se se trata de autores da literatura anglosaxona do dezanove, máis ainda. Pero se por riba ao botar unha ollada pola sección correspondente da librería visitada aparecen xoias da edición e do deseño tan atractivas como as que merquei e lin recentemente, non podo evitar caer na doce e pracenteira trampa comercial.

A primeira obra das dúas que menciono é Los papeles de Aspern (The Aspern Papers), de Henry James, que Alba Editorial publicou dentro da súa colección clásica en 2009 (ISBN 978-84-8428-484-0) cunha ilustración dun detalle dunha pintura de corte impresionista na que se amosa unha canle de Venecia que ocupa a totalidade da primeira de cuberta. Por un lado, ubícanos xeográficamente no lugar onde se desenvolve maxistralmente a trama desta novela e, por outro lado, colócanos temporalmente a finais do dezanove, cando o impresionismo conseguiu alcanzar o seu punto álxido.

A outra obra en realidade non a atopei de primeiras nunha libraría, senón que a vin na mesa do profesor Blanco Valdés na aula do mestrado en edición e, como ben envidiado e obxecto desexado, busqueina por algunha libraría virtual de internet ata que a conseguín mercar. Trátase da tradución dunha antoloxía de varios relatos de pantasmas de Charles Dickens editada maravillosamente e publicada por Impedimenta en 2009 baixo o título de Para leer al anochecer. Historias de fantasmas (ISBN 978-84-937601-0-6).  Nesta publicación todo é dunha edición coidadísima: a elección do papel en cada parte do libro, as ilustracións da cuberta e da sobrecuberta, a portada, a páxina de créditos,  a tipografía elexida en cada elemento, a combinación de cores nos textos, etc. A isto chámolle unha pequena xoia da edición.

Resumindo, o que quero dicir é que os clásicos non serán best-sellers hoxe en día, pero hai editoriais que saben atraer aos lectores deste tipo de literatura unindo a calidade do contido coa calidade do continente. É un novo traxe para o emperador, bueno, para o autor, que a algúns atrae coa vista e co tacto ao velo no escaparate. En min, como consumidor, funciona.

J. Augusto

Exposición Díaz Pardo na Casa da Parra

Febreiro 24th, 2011  |  Published in| the_category Editores

16 de febreiro. Casa da Parra (Santiago), ata 17 de abril EXPOSICIÓN | Pinturas e fracasos de Isaac Díaz Pardo
Ata mediados do mes de abril, a Casa da Parra acolle unha mostra antolóxica de Isaac Díaz Pardo que reune pezas artísticas e amosa diversas perspectivas das etapas creativas do intelectual galego.

A exposición percorre varias décadas de traxectoria de Isaac Díaz Pardo como pintor desde antes dos anos 40 até os anos 70. Entre as pezas expostas, pódense observar cadros familiares realizados por Díaz Pardo e debuxos que foron realizados nos anos 50 na súa época en Bos Aires. Con esta nova exposición, Isaac Díaz Pardo recupera en conxunto unha serie de obras artísticas de hai décadas, xa que o intelectual galego abandonou a pintura nos anos 70.

Fonte: Culturagalega.org

Silvia

O papel do editor

Febreiro 17th, 2011  |  Published in| the_category Editores

Na primeira sesión da materia abordamos o que entendemos como a poética do editor, a sombra prudente do autor, comprometida cos seus lectores. Co traballo arredor do artigo de Andrea Palet, «Brevísimo manual para jóvenes editores», pretendemos reflexionar sobre cal é a responsabilidade para o editor no actual entorno de tránsito e mudanza do paradigma da comunicación cultural. Nunha recente entrevista, a xove editora chilena sinala coa súa habitual agudeza didáctica que «todo nun editor é práctica, vida e lectura». Un posicionamento que enlaza coa tradición máis clásica do noso oficio, acuñado por editores de lenda como Jaime Salinas, falecido non hai moito. Máis alá da mudanza do soporte ou das presións dificilmente soportables do mercado, o principal labor do editor é hermenéutica e comunicadora.  O editor coma ponte facilitadora,  a edición concibida, agora, como conversa multicanle establecida por persoas apaixonadamente curiosas e creativas. Manuel Bragado

“Todo va a cambiar” de Enrique Dans

Marzo 6th, 2010  |  Published in| the_category Dereitos de autor, Editores, Libro dixital, Novidades

“Todo va a cambiar é o manifesto no que Enrique Dans nos amosa o camiño que vai tomar a promoción cultural e de lecer cos avances tecnolóxicos dos últimos tempos. Prestade atención á xustificación que fai respecto da  publicación do  libro xa que é a primeira vez que o grupo Planeta lanza unha edición con “Creative Commons“, o que significa que os dereitos de autor son da editorial, pero o contido se pode usar con liberdade, con mención á fonte.

Jose Luis Mateo

O futuro da edición segundo Jason Epstein

Marzo 2nd, 2010  |  Published in| the_category Editores, Libro dixital

Martín Gómez faise eco dun recente artigo de Jason Epstein, o autor de La industria del libro, sobre o futuro da edición. Unha anotación moi interesante na que se recollen algúns dos debates centrais da edición contemporánea. Recollemos algunhas afirmacións para abrir vías de reflexión:

«Por diferentes razones el distinguido negocio del libro al que me uní hace más de medio siglo ya tiene los nervios de punta y está sufriendo, por un lado, una irrompible adicción de apostador a best sellers riesgosos y estacionales, muchos de los cuales no recuperan sus costes; y, por el otro lado, un deterioro del fondo editorial, la vital anualidad con la cual en mejores días los editores habían contado año tras año para la estabilidad en buenos y malos tiempos»

«La digitalización hace posible un mundo en el que cualquiera puede reivindicar ser un editor y cualquiera puede llamarse autor. En este mundo los filtros tradicionales se habrán desvanecido en el aire y sólo el último filtro —la incapacidad humana de leer lo que es ilegible— permanecerá para discernir lo que vale la pena mantener en un mercado virtual donde el ruiseñor de Keats comparte un espacio electrónico con los haikú de la tía Mary»

«El costo del acceso para los futuros editores será mínimo, requiriendo solamente el mantenimiento del equipo editorial y sus servicios de apoyo inmediato pero sin el gasto de las instalaciones tradicionales de distribución y de las disintas jerarquías de gestión».

Afirmacións, como outras da anotación preparada por Marín Gómez, moi provocadoras e suxestivas. Queda aberto o debate. M.B

A relevancia dos correctores

Febreiro 25th, 2010  |  Published in| the_category Corrección, Creación _editorial, Editores

Un lector apenas descifra cando está inmerso na lectura; só capta unhas poucas luzadas e deixa que o seu cerebro recoñeza e reconstrúa o resto. Un corrector, pola contra, sabe que se procede dese xeito a meirande parte do contido vai escapar ao seu control, así que, como primeiro paso, esmiúza cada segmento mínimo do código; despois, interprétao mentalmente; e, finalmente, volve ao texto e comproba se esa imaxe mental coincide co que está escrito.

Nun vídeo realizado en Francia examinan o xeito de actuar, ante un texto, uns ollos de lector fronte a uns ollos de corrector, é sorprendente.

Carmen P.

Vender os libros on line

Febreiro 25th, 2010  |  Published in| the_category Comercialización, Editores, Librarías, Promoción

César Martín propociona nunha recente anotación orientacións para libreiros e editores para mellor vender os libros impresos e dixitais en Internet. Para as editoriais aconsella revisar a estrutura das súas webs, montar oulets on line para libros con esacasa saída e participar activamente nas redes sociais. Para os libreiros unirse e reconverterse en espazos de socialización e encontro. Propostas, sen dúbida, interesantes. M.B.

A ágora dixital

Febreiro 23rd, 2010  |  Published in| the_category Crítica, Editores, Libro dixital

Andreu Jaume, editor de Lumen, publica hoxe en El País un interesante artigo titulado “El ágora digital“. Jaume defende a función social que cumpre o editor, “inspirada no criterio con que constrúe o seu catálogo e orientada a mediar entre o autor e o seu público ideal”. Ademais de reivindicar o papel da crítica, considera que “a chegada do libro dixital quizais sexa unha boa oportunidade para propoñer unha reflexión en profundidade en torno ao oficio de escritores, editores e críticos”. Recomendamos este texto moi interesante. C.Torres

Andrea Palet: «Breves apuntes para editores»

Febreiro 23rd, 2010  |  Published in| the_category Editores

Martín Gómez faise eco no seu blog de varios consellos da editora chilena Andrea Palet para os que se inician na edición, «ese oficio de corte e confección invisible». Entre os consellos que recolle o responsable de «El ojo fisgón» merecen a nosa atención tres afirmacións que propoñemos para o debate:

  1. «Non todo merece ser un libro»: o libro supón un modo de recepción que non se axusta automaticamente a calquera contido.
  2. «Coñecer para ignorar»: as normas gráficas e de estilo teñen un sentido.
  3. «Sé una digna sombra»: a cualidade primeira dun editor respectable é a capacidade de quedar inmensamente calado.

Remata a súa anotación Martín Gómez salientando a súa admiración polas palabras da xove editora de quen di «asume o seu oficio con dignidade, discreción, xenerosidade e humildade.» M.B.

Mapa da concentración editorial en España

Febreiro 22nd, 2010  |  Published in| the_category Editores, Editoriais

[Mapa relativo, segundo o número de editoriais afiliadas á Federacón do Gremio de Editores de España en cada provincia e comunidade.]

Tirado de Anatomía de la edición. Moitas grazas.

Bibliografía sobre edición e actividade editorial

Febreiro 22nd, 2010  |  Published in| the_category Bibliografía, Comercialización, Creación _editorial, Editores, Editoriais, Historia do libro, Libro dixital, Promoción

Velaí a primeira relación de fontes bibliográficas que utilizaremos no módulo «Edición e actividade editorial» do Mestrado en Edición das Universidades de Vigo e Santiago:

Fontes impresas libros:

Fontes impresas revistas e informes:

Fontes electrónicas: