Feiras_do_libro

Invasión zombi en Barcelona

Febreiro 25th, 2011  |  Published in| the_category Feiras_do_libro

Aínda que falamos moito, no mestrado e fóra del, da edición de libros, convén recordarmos que editarse se editan moitas cousas, e non sempre coa única finalidade de seren lidas. Nos últimos tempos, por exemplo, en Galicia colleu grande impulso a creción e edición de banda deseñada. Hai autores recoñecidos tanto en Europa como nos EUA (a máis recente, Emma Ríos), e houbo e hai revistas periódicas en que os novos valores se dan a coñecer (Golfiño, BD Banda, Galimatías, entre outras). Somos, como dicía o outro, unha Potenzia!

Como lector esporádico de banda deseñada, asiduo visitante, nos meus tempos, ao salón Viñetas do Atlántico que anualmente organiza o gran Miguelanxo Prado na Coruña, e grande afeccionado ás historias de zombis en calquera medio, non puiden resistir a tentación de vos informar sobre a vindeira edición do Salón do Cómic de Barcelona. Terá lugar entre o 14 e o 17 de Abril, e este ano dedicará, por fin, unha exposición temática aos zombis, xente de bo carácter a pesar da súa vida rutinaria e da súa pesada dieta, e disque símbolo por antonomasia do noso tempo.

Como non teño coche, non vos podo levar de visita, aínda que acepte que me leven como presente de aniversario.

Un saúdo

Suso

Feira do libro de París

Febreiro 21st, 2011  |  Published in| the_category Comercialización, Editoriais, Eventos, Feiras do libro, Feiras_do_libro, Promoción

Cando traballaba en TGC Print, unha das feiras de visita obrigatoria era o Salon du livre de París, que se celebra cada ano polo mes de marzo. Esta feira do libro reúne a pequenas, medianas e grandes editoriais de Francia e dos países francófonos e adoitan a agruparse no pavillón en seccións por rexións xeográficas. Para as imprentas españolas os editores franceses son uns dos seus principais clientes internacionais, polo que a visita dos impresores a esta gran feira da edición en lingua francesa é moi interesante dende o punto de vista comercial. Asimesmo, agora que teño que cambiar a miña perspectiva, debo dicir que para un editor é un exemplo de promoción editorial e de intercambio cultural digno de ser visitado. Para os que poidades ir, esta edición 2011 terá lugar no pavillón Paris Expo da Porte de Versailles entre os días 18 e 21 de marzo. Unha fin de semana que ainda estades a tempo de planificar.

J. Augusto

Feira do libro infantil en Bolonia

Marzo 2nd, 2010  |  Published in| the_category Eventos, Feiras_do_libro, Literatura_infantil_e_xuvenil

Do martes 23 ao venres 26 de marzo terá lugar a Feira do libro infantil en Bolonia, Italia, a cita máis importante para a compravenda de dereitos de autores deste campo da literatura. Trátase da XLVII edición deste encontro, reservada en exclusiva para profesionais do sector: editores, autores, tradutores, ilustradores, axentes, impresores, bibliotecarios, ensinantes, libreiros…                                         Tina P.