Historia do libro

Facsímiles: nos límites da realidade

Marzo 7th, 2011  |  Published in| the_category Historia do libro, Produción

Fóra das institucións públicas (ou algunha entidade privada) e dos poucos afortunados que poden fachendear de seren os posuidores dunha das xoias da edición antiga, para o resto dos mortais queda o consolo de visitar unha biblioteca que permita o acceso aos seus fondos máis valiosos, consultar a versión dixital do orixinal ou, no mellor dos casos, adquirir o seu facsímile, unha reprodución exacta, ás veces incluso cos mesmos materiais empregados para a elaboración do orixinal. Comezando pola Biblia de 42 liñas de Gutenberg, a primeira obra impresa e a máis repoducida en versión facsimilar (é a que se pode ver na imaxe da esquerda).

En ocasións o nivel de acabado destas copias é exquisito: desde o emprego de fotografías de altísima resolución ata técnicas de encadernación que imitan as da época da que procede a obra, pasando por detalles como a aplicación manual de metais (pigmento de ouro, pan de ouro, ouro bruñido…) e a eliminación manual dos microfragmentos das páxinas comestos pola couza ou ilustracións arrincadas do orixinal.

Un bo exemplo é o Libro de Horas de Fernando I, que tivemos ocasión de ver en varias das materias deste máster, e no que realmente custa traballo diferenciar o orixinal da copia, tal é a perfección que se conseguiu na elaboración da réplica. Non lembro onde se fixera este facsímile, pero buscando pola Rede atopei mencións a tres das empresas máis destacadas no panorama nacional neste ámbito: a imprenta Scriptorium (de Valencia, onde se concentra gran parte da industria facsimilar) e a editorial Moleiro (Barcelona), ademais da sevillana Extramuros. Para a adquisición de obras deste tipo, a referencia é a librería madrileña Códice.

Máis preto temos a editorial Nova Galicia, especializada en libros de arte e pintura, e que ten unha liña de produción destinada ao libro en versión facsímile. Héctor.

Visita á Cidade da Cultura

Febreiro 24th, 2011  |  Published in| the_category Historia do libro

A Cidade da Cultura, deixando á marxe polémicas sobre a súa utilidade (ou mesmo sobre o sentido da súa existencia) permite estes días a visita á primeira exposición que acolle o edificio do Arquivo de Galicia, un dos dous xa inaugurados. A mostra leva por título Ex Libris Gallaeciae, e está concibida como unha especie de “percorrido bibliográfico pola construción da identidade cultural galega”, en palabras do seu comisario, Xosé Ramón Barreiro.

Entre as obras que se mostran hai verdadeiras xoias como o Breviarium Auriensis de Monterrei (o primeiro libro impreso en Galicia), así como un dos cinco exemplares conservados do Codex Calixtinus, algúns dos mapas do Reino de Galicia elaborados por Domingo Fontán ou páxinas manuscritas de Sempre en Galiza, de Castelao. Héctor.

Os novos aparellos de lectura

Febreiro 21st, 2011  |  Published in| the_category Historia do libro, Libro dixital

A xente dunha certa idade (os que non nacemos cun computador embaixo do brazo) adoita ver con desconfianza a expansión dos novos trebellos de reprodución de contidos. Aínda son moitos os que compran os discos nas tendas, os que só usan os móbiles para chamar, os que non entenden como se pode ter unha conversa persoal a través dunha pantalla, sen escoitar sequera a voz da outra persoa.

Esas actitudes afectan tamén o mundo da edición. Continuamos preferindo os venerables libros de papel e cartón, non só polo seu tacto e mesmo polo seu cheiro, mais tamén porque non damos entendido como funcionan os novos inventos! A todas esas persoas, recoméndolles paciencia. Cómpre termos en conta que o noso adorado libro non sempre existiu, e que noutras épocas os lectores tamén se enfrontaron a retos tecnolóxicos en aparencia insuperables. Até os escribáns medievais acharon dificultades para se adaptaren aos novos tempos.

Velaquí unha proba documental deste episodio pouco coñecido da nosa historia:

As cousas non sempre son tan difíciles como parecen ao comezo.

Suso

Dicionario de onomatopeas

Febreiro 25th, 2010  |  Published in| the_category Cómic, Creación _editorial, Dicionarios, Historia do libro, Novidades

A aparición do Diccionario de onomatopeyas del cómic, autoría de Luis Gasca e Román Gubern, abre a porta a un paraíso para todas as persoas amantes da banda deseñada. Ofrece, no mesmo formato ca un dicionario, máis de 500 propostas de onomatopeas acompañadas dun exemplo en forma de viñeta. Moitas destas onomatopeas xa están establecidas como convención propia da linguaxe da historia gráfica. O seu uso podémolo estender a toda a literatura, pois recolle: sons non verbais de produción humana, sons de produción animal, sons producidos pola natureza, sons producidos pola interacción dun ser vivo e un obxecto e sons producidos por obxectos.

Carme P.

A evolución do libro

Febreiro 22nd, 2010  |  Published in| the_category Bibliotecas, Historia do libro, Librarías

Tirado e Bibliotecários sem fromteiras. Vía Booktailors, obrigado.

Bibliografía sobre edición e actividade editorial

Febreiro 22nd, 2010  |  Published in| the_category Bibliografía, Comercialización, Creación _editorial, Editores, Editoriais, Historia do libro, Libro dixital, Promoción

Velaí a primeira relación de fontes bibliográficas que utilizaremos no módulo «Edición e actividade editorial» do Mestrado en Edición das Universidades de Vigo e Santiago:

Fontes impresas libros:

Fontes impresas revistas e informes:

Fontes electrónicas: