Libro dixital

Microsoft vs. Barnes&Noble

Marzo 22nd, 2011  |  Published in| the_category Libro dixital

Hoxe os xornais fanse eco da demanda interposta por Microsoft a Barnes&Noble polo lector Nook.

Raquel López Veleiro

La lletra digital

Marzo 11th, 2011  |  Published in| the_category Libro dixital

Desde aquí poderedes descargar o libro que editou o FAD co resumo das mesas redondas e conferencias de La lletra digital, dentro do programa de Xarxes d’opiniò.

Vía @misteroom

Raquel López Veleiro

Esperanzas de futuro para a industria editorial

Marzo 10th, 2011  |  Published in| the_category Comercialización, Editoriais, Internet, Libro dixital, Papel

Moito se ten falado do futuro das empresas de edición perante a cultura dixital. Nunha entrevista concedida a Libertad Digital, o escritor Lorenzo Silva (de quen Sara nos falou hai uns días neste mesmo blog) menciona unha serie de posibilidades abertas:

– o libro impreso de luxo, cun valor engadido alén do que poida ter o contido (este tipo de produto é salientado unha e outra vez polos especialistas);

– o libro impreso ben feito e cun prezo axustado, para agasallar;

– o libro impreso de usar e tirar, moi barato;

– o libro electrónico a prezos atractivos e sen DRM, especialmente obras que xa levan un tempo no mercado (posibilidade que o propio Silva ensaiou vendendo un paquete con algunhas das súas novelas por 15 euros).

Como se ve no titular da entrevista, o escritor fai unha advertencia: se non se adaparen aos novos tempos corren o risco de perder a iniciativa e o negocio; mais tamén se mostra confiado no bo porvir das editoras.

Un saúdo

Suso

Libro digital, el negocio del presente

Marzo 7th, 2011  |  Published in| the_category Libro dixital

A propósito de todo lo que se está hablando, en este blog, sobre el libro electrónico, su precio, y las maneras más revolucionarias de publicar libros a través de la red, el viernes pasado leí un reportaje en elmundo.es, del que os dejo el enlace y paso a extraer unas breves conclusiones.

La autoedición es un método de publicar libros que ha permitido a autores como Amanda Hocking vender sus obras a un precio de 3 dólares y ganar más dinero que los que publican en papel. De esto se deduce que, más que en el futuro, en el propio presente, el e-book está ya siendo un buen negocio. Todo gracias a internet y sus plataformas.

Además, recientemente, Lorenzo Silva ha dejado la mayoría de sus textos, en leqtor.com, a un precio que oscila entre los 3 y 5 euros. Días atrás, yo misma me planteaba hasta qué punto esto significaría restar valor al libro como bien cultural. Sin embargo, Silva hace una afirmación que deja claro que, si no se siguen estos cauces, la gente no va a comprar contenidos digitales: “Yo no pago 15 euros por un e-book. Para eso gasto unos pocos más y me lo compro en papel”.

Sara

«Editar é unha cuestión de instinto»

Marzo 6th, 2011  |  Published in| the_category Editores, Libro dixital, Narrativa, Promoción

A piques de rematar a materia, esta entrevista de Juan Cruz a Peter Mayer, o editor que foi de Penguin, pode resumir moi ben algunhas das ideas sobre as que debatemos nestas catro semanas.

Recoméndoa moi vivamente. M.B.

O libro rompe a súa cadea

Marzo 5th, 2011  |  Published in| the_category Libro dixital

Velaquí unha nova máis sobre o libro dixital, dos novos modelos alternativos ao tradicional, sacada do xornal Público e que me pareceu que podía ser de interese. Xorden proxectos dixitais que rompen coa cadea habitual do libro, elimínanse intermediarios e facilítanse novas formas de venda, como a autopublicación, o streaming e a impresión baixo demanda. Un tema do que temos falado moito no mestrado e que dá que falar día a día, non queda nada, non vos parece?…

Silvia

La obra de Lorenzo Silva a 4 euros

Marzo 4th, 2011  |  Published in| the_category Libro dixital

El que fuera finalista del Premio Nadal 1997 y ganador del mismo en el año 2000, Lorenzo Silva, ha decido poner a la venta, en la librería digital Leqtor.com, prácticamente toda su obra, en formato digital, a un precio situado entre los 4 y los 5 euros.

Entre los libros publicados se incluyen dos novelas nuevas, Tres mil metros en la noche y El misterio y la voz, que por primera vez se publican antes en ebook que en papel.

Parece ser que esta iniciativa tiene como objetivo, tanto por parte del escritor como por parte de la editorial Destino, ofrecer contenidos económicos de manera fácil y legal a los usuarios.

Se trata de una buena iniciativa para incentivar las ventas del libro electrónico, pues todavía muchos y muchas desconfían de este formato, decantándose por el impreso pero, al mismo tiempo me planteo si con ello no se está desvalorizando el libro como producto cultural y hasta qué precio habrá que bajarlo.

Sara

Competencia nos libros electrónicos?

Marzo 3rd, 2011  |  Published in| the_category Editores, Libro dixital

Os libros electrónicos están continuamente no punto de mira. Comparten defensores e detractores, suscitan moitas polémicas, fan pensar na desaparición dos libros en papel e, sobre todo, moven a industria editorial.

O último sobre eles é a nova que apareceu hoxe en La Voz de Galicia: algunhas editoriais de varios estados membros da UE están sendo investigadas por pactar o prezo dos libros electrónicos. Sospéitase que se puideron violar algunhas normas europeas de competencia que prohiben prácticas restrictivas, motivo polo cal se realizaron algunhas inspeccións por sorpresa. Con todo, isto non significa que as editoriais sexan culpables nin prexulgan o resultado da investigación.

O director executivo da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) indicou que todos os seus asociados están libres de sospeita e que o país máis afectado é Francia, onde se está debatendo un proxecto de lei sobre o libro electrónico que enfronta as editoriais francesas con Amazon. Con respecto a isto, é tamén interesante o artigo da web de RTVE, no que se apreza a “batalla de fondo” entre o portal estadounidense e os editores galos.

Raquel V.

 

A biblioteca e o Ebook …

Marzo 1st, 2011  |  Published in| the_category Bibliotecas, Libro dixital

Mentras vemos como nos Estados Unidos e Canadá os préstamos nas  bibliotecas públicas de libros electrónicos están a  orden do día.Temos o contrapunto nas bibliotecas españolas onde os ebooks case nin existen.E xa non  porque o precio do  soporte sexa moito máis elevado aquí que en Estados Unidos.Senon que outra das cuestións é o fondo que está dixitalizado.Porque se os libros dixitalizados que podemos consultar son libros de fai corenta anos non está mal, pero sería máis interesante ter un abanico de posibilidades onde escoller.Non só “obras vintage”.O sistema implantado polo Ministerio de Cultura no que dotoú 5o dispositivos a 15 bibliotecas públicas do estado a parte de insufieciente.É curioso porque ¿cal sería o  criterio de elección desas bibliotecas?.Xa que se non se fai de forma uniforme estariamos ante un espellismo. Aínda que para surrealimo a contestación da bibliotecaria de Guadalajara o dicir- ¿Senón prestabamos lentes para ler, por qué sí lectores electrónicos?.

Fonte: El País.

Olaia.

Cal é o futuro de Libranda?

Febreiro 24th, 2011  |  Published in| the_category Comercialización, Dereitos de autor, Editoriais, Internet, Libro dixital

Ao fío do que se falou onte sobre as abusivas condicións económicas que os grandes grupos de distribución de contidos (Amazon, Apple, por exemplo) impoñen ás editoriais e aos lectores, e da noticia comentada por Silvia neste mesmo blog sobre o bo recibimento que os editores españois preparan a Amazon, gustaría facer unha pequena reflexión sobre cal é a función de Libranda e cal é o seu previsible futuro.

Libranda naceu da man dalgúns dos maiores grupos editoriais e de venda en liña de España, e estaba destinado a ser un portal de referencia na distribución de libros electrónicos. Porén, desde o seu nacemento, hai menos dun ano, toda a iniciativa estivo rodeada polos problemas e a polémica: os libros están protexidos por un DRM que impide a súa lectura nalgúns dos lectores electrónicos máis populares (Kindle e iPad), o proceso de compra é moi dificultoso, os títulos dispoñibles son moi escasos (pouco máis de 2000 até agora), e o prezo non é moi diferente do que teñen os libros de papel. Algúns avisaban hai ben pouco de que o proxecto xa está morto.

Agora, co desembarco de Amazon en España, non deixa de sorprender a efusiva benvida que lle preparan os editores (si, os mesmo que crearon Libranda). Perante tal situación, cómpre facérmonos algunhas preguntas: por que, cando tiveron a oportunidade de o facer, as grandes empresas do sector estiveron máis preocupadas de loitar contra a copia (legal) dos libros electrónicos que de crear un servizo eficaz e económico de distribución na rede?; por que agora se botan aos brazos de Amazon, se saben que o seu portal non pode competir (nin en imaxe de marca, nin en fidelizacíon de clientes, nin en servizos) co dunha empresa que nos EUA vende máis ebooks que libros de bolso?; por que o fan, alén diso, se saben que as condicións enconómicas que terán que aceptar nos seus acordos de distribución con Amazon serán abusivas para elas, para os autores e para os lectores?

Será que non lles importa cal sexa o prezo final das obras nin a porcentaxe recibida polos creadores mentres o seu beneficio relativo se manteña como até agora? Será que eu son moi mal pensado?

Un saúdo.

Suso

Tinta electrónica e movemento

Febreiro 22nd, 2011  |  Published in| the_category Libro dixital

A tinta electrónica é a base tecnolóxica sobre a que traballan os e-books. Durante anos, as súas grandes desvantaxes con respecto a outro tipo de soportes máis versátiles foron a limitación á tinta negra e a imposibilidade de reproducir movemento. Pero xa en 2007 apareceu a primeira pantalla de tinta electrónica a cores (desenvolvida pola firma chinesa Hanvon), e este mesmo mes a empresa francesa Bookeen anunciou a próxima comercialización dun dispositivo capaz de reproducir animacións en vídeo mediante tinta electrónica.

Como podedes ver no vídeo de exemplo, de momento a calidade é baixa, pero tendo en conta a rapidez coa que se producen este tipo de avances seguro que axiña sairán novos modelos con maior resolución e velocidade de animación, e mesmo poderían verse as primeiras pantallas que de xeito experimental combinen cor e movemento. Talvez sexa o que necesitan este tipo de soportes que, fronte aos tablets (ao estilo do iPad), e malia as súas vantaxes en canto a prezo, consumo enerxético e comodidade de lectura, non acaban de posicionarse no mercado, quizais porque de momento só serven para iso: para ler. Héctor.

Os novos aparellos de lectura

Febreiro 21st, 2011  |  Published in| the_category Historia do libro, Libro dixital

A xente dunha certa idade (os que non nacemos cun computador embaixo do brazo) adoita ver con desconfianza a expansión dos novos trebellos de reprodución de contidos. Aínda son moitos os que compran os discos nas tendas, os que só usan os móbiles para chamar, os que non entenden como se pode ter unha conversa persoal a través dunha pantalla, sen escoitar sequera a voz da outra persoa.

Esas actitudes afectan tamén o mundo da edición. Continuamos preferindo os venerables libros de papel e cartón, non só polo seu tacto e mesmo polo seu cheiro, mais tamén porque non damos entendido como funcionan os novos inventos! A todas esas persoas, recoméndolles paciencia. Cómpre termos en conta que o noso adorado libro non sempre existiu, e que noutras épocas os lectores tamén se enfrontaron a retos tecnolóxicos en aparencia insuperables. Até os escribáns medievais acharon dificultades para se adaptaren aos novos tempos.

Velaquí unha proba documental deste episodio pouco coñecido da nosa historia:

As cousas non sempre son tan difíciles como parecen ao comezo.

Suso

Que é un vook?

Febreiro 20th, 2011  |  Published in| the_category Libro dixital, Narrativa

What is a Vook? from Matthew Cavnar on Vimeo.

É un libro ou unha aplicación multimedia?
Vía Blogtailors e El País.
Manuel Bragado

Préstamo de libros electrónicos nas bibliotecas públicas

Febreiro 20th, 2011  |  Published in| the_category Bibliotecas, Libro dixital

Libro electrónicoSupoño que moitos xa o saberedes (porque ademais varios sodes usuarios), pero aproveito este blog para dicirvos que polo visto durante este mes de febreiro farase efectiva a posibilidade de levar prestados libros electrónicos na biblioteca pública de Santiago, a biblioteca Ánxel Casal. E non só iso: se os usuarios non dispoñemos do soporte de lectura necesario, o centro tamén nos prestará un e-reader! A de Santiago é unha das primeiras 15 bibliotecas públicas que poñerán en marcha este servizo, ao que durante 2011 se irán incorporando todos os centros xestionados polo Ministerio de Cultura. Complétase así o servizo de biblioteca dixital que xa funciona desde hai un tempo e ao que están adscritos todos os centros da Rede de Bibliotecas de Galicia.

De momento só se cargarán nos dispositivos electrónicos obras das que xa non se derivan dereitos de autor, é dicir, clásicos que polo xeral poden obterse facilmente en internet. Ademais, segue sendo necesario desprazarse fisicamente ata a biblioteca, tanto se precisamos do soporte electrónico como se xa somos parte dese 5% de españois que polo visto xa dispoñan do seu propio lector dixital. Quedaría por resolver, por tanto, unha dobre eiva: a imposibilidade de acceder das novidades editoriais e a carencia dun servidor multiplataforma para ler os libros sen necesidade de descarga. Pero non deixa de ser outro pasiño máis cara á convivencia entre o papel e o soporte dixital. Héctor.

Acordo DILVE-Amazon

Febreiro 18th, 2011  |  Published in| the_category Comercialización, Libro dixital, Metadatos

A Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) e Amazon asinaron recentemente un acordo para integrar os metadatos (título, resumo, índice…) da plataforma DILVE (Distribución de Información del Libro Español en Venta) nos sistemas de información de Amazon, quen se encargará automaticamente de realizar as extraccións de datos, feito que pode axilizar as vendas  sen que o editor teña que facer ningunha operación adicional.

Fonte: DILVE e Ediciona

Silvia (Mestrado Edición)

Libros electrónicos vs. libros en papel

Febreiro 18th, 2011  |  Published in| the_category Libro dixital

Para continuar co tema que vimos onte no mestrado, a modo de introdución,  poño á vosa disposición este video que atopei na revista literaria Libro a libro.

Silvia (Mestrado Edición)

O camiño dos nosos esforzos (libro interactivo-2)

Abril 13th, 2010  |  Published in| the_category Libro dixital, Literatura_infantil_e_xuvenil, Novidades, Sen clasificar

Semella que tiña que ser a Alicia de Lewis Carroll o que, oficialmente, aportase a maxia e a fantasía ao mundo do libro electrónico. E tiña que ser no iPad de Apple, posible “KindleKiller” nestes decisivos momentos, en cernes do futuro da edición.

Alice for the iPad

Atomic Antelope

n.m.

E dálle co libro dixital

Marzo 8th, 2010  |  Published in| the_category Libro dixital

Podo chegar a ser un pouco teimudo e algo cansino co tema do libro dixital e a edición dixital.  Ao meu modo de ver eu insisto  neste tema porque penso que  é o noso futuro máis próximo, porque todas as editorias están a artellar procesos para dixitalizar os seus fondos e para ofrecer os seus libros en versión electrónica.

Tablets

O problema aparece cando se meten por medio as grandes empresas tecnolóxicas. Que facer? Como obrar? E-book? Tablets? Todo isto penso que está ben desenvolvido no artigo El futuro de la edición. Xunto a este texto temos a primeira ligazón que é un comentario que nos remite a un gran artigo sobre o futuro da edición. Aquí volo deixo todo para que o vaiades matinando.

Futuro das publicacións

Anxo Bea

O camiño dos nosos esforzos (libro interactivo)

Marzo 6th, 2010  |  Published in| the_category Creación _editorial, Editoriais, Internet, Libro dixital, Literatura_infantil_e_xuvenil, Novidades

Dúas propostas de publicacións interactivas por parte de El Mundo e de Penguin. Semella especialmente interesante a introducción da “realidade aumentada” da proposta de Penguin.

n.m.

“Todo va a cambiar” de Enrique Dans

Marzo 6th, 2010  |  Published in| the_category Dereitos de autor, Editores, Libro dixital, Novidades

“Todo va a cambiar é o manifesto no que Enrique Dans nos amosa o camiño que vai tomar a promoción cultural e de lecer cos avances tecnolóxicos dos últimos tempos. Prestade atención á xustificación que fai respecto da  publicación do  libro xa que é a primeira vez que o grupo Planeta lanza unha edición con “Creative Commons“, o que significa que os dereitos de autor son da editorial, pero o contido se pode usar con liberdade, con mención á fonte.

Jose Luis Mateo