Libro dixital

ok: momento de poñernos nerviosos

Marzo 6th, 2010  |  Published in| the_category Editoriais, Internet, Libro dixital

Dunha banda, creo interesante que volvamos a mirada atrás ata certo artigo no que son plantexados os principios e estratexias de Google cara á súa introducción no mundo da editorial, ainda que sexa no aspecto dixital do mesmo.
Doutra banda, lembrar o pequeno tropezo que Google tivo frente aos editores.
Finalmente, a imaxe que vale máis cas mil palabras que lestes no primeiro enlace (a modo de resumo, segundo a visión apocaliptica de Asaf Hanuka).
Estámonos a mover no medo dun xeito sistemático, ou hai motivos para crer no fin da competencia en Internet e, como consecuencia da introducción masiva da edición dixital, da fin da competencia do mundo editorial?

n.m.

O tránsito á edición e cultura dixital

Marzo 5th, 2010  |  Published in| the_category Libro dixital

Na sesión de hoxe abordaremos O tránsito á edición e cultura dixital. Os apuntes que utilizaremos poden baixarse en pdf aquí. M.B.

O prezo do libro dixital

Marzo 5th, 2010  |  Published in| the_category Libro dixital

Interesante artigo aparecido o pasado 26 de febreiro no xornal ABC sobre a fixación do prezo do libro dixital. Os autores, representados pola Asociación Colegial de Escritores, avisan de que un prezo superior ao da edición de peto pode constituir unha invitación ao pirateo.

Tina P.

O camiño dos nosos esforzos (banda deseñada)

Marzo 4th, 2010  |  Published in| the_category Cómic, Internet, Libro dixital, Sen clasificar

miguelanxo prado en entrecomics.com

A recente aparición do iMotion Comic de Miguelanxo Prado semella ser un novo punto de inflexión do discutido libro dixital e das súas formas, variantes, porvenir e intencións, aportando unha nova característica a un formato de sobra coñecido por todos. Esta semana, doutra banda, aparece un Macbeth interactivo e adaptable da man de Classical Comics que semella insistir nunha renovación do medio.
Produtos novos ou un camiño de dinosaurios cara os debuxos animados?

n.m.

O futuro da edición segundo Jason Epstein

Marzo 2nd, 2010  |  Published in| the_category Editores, Libro dixital

Martín Gómez faise eco dun recente artigo de Jason Epstein, o autor de La industria del libro, sobre o futuro da edición. Unha anotación moi interesante na que se recollen algúns dos debates centrais da edición contemporánea. Recollemos algunhas afirmacións para abrir vías de reflexión:

«Por diferentes razones el distinguido negocio del libro al que me uní hace más de medio siglo ya tiene los nervios de punta y está sufriendo, por un lado, una irrompible adicción de apostador a best sellers riesgosos y estacionales, muchos de los cuales no recuperan sus costes; y, por el otro lado, un deterioro del fondo editorial, la vital anualidad con la cual en mejores días los editores habían contado año tras año para la estabilidad en buenos y malos tiempos»

«La digitalización hace posible un mundo en el que cualquiera puede reivindicar ser un editor y cualquiera puede llamarse autor. En este mundo los filtros tradicionales se habrán desvanecido en el aire y sólo el último filtro —la incapacidad humana de leer lo que es ilegible— permanecerá para discernir lo que vale la pena mantener en un mercado virtual donde el ruiseñor de Keats comparte un espacio electrónico con los haikú de la tía Mary»

«El costo del acceso para los futuros editores será mínimo, requiriendo solamente el mantenimiento del equipo editorial y sus servicios de apoyo inmediato pero sin el gasto de las instalaciones tradicionales de distribución y de las disintas jerarquías de gestión».

Afirmacións, como outras da anotación preparada por Marín Gómez, moi provocadoras e suxestivas. Queda aberto o debate. M.B

A dixitalización dos catálogos

Febreiro 26th, 2010  |  Published in| the_category Libro dixital

Na actualidade a introdución do mundo dixital nas editoriais está a ser moi lenta. Pero como se debe actuar ante este novo mercado? Deben as editoriais dixitalizar os catálogos? No informe sobre o libro dixital en España móstranse as accións iniciadas polas editoriais arredor de seis temas a existencia ou non dun proxecto editorial, impacto da dixitalización no catálogo, formatos e dispositivos de lectura, canles de distribución e venda, política de prezos e impacto nos propios recursos da editorial.

Aquí tedes o Informe

Anxo Bea

Sobre o prezo dos “e-books”

Febreiro 24th, 2010  |  Published in| the_category Libro dixital

Interesante anotación de Paradigma del Libro sobre o prezo dos «e-books». Os autores propoñen un escandallo de costes e realizan unha serie de propostas que xustifican que o prezo dos «e-book» sexa fixado, como no caso dos libros impresos polo editor. M.B..

Os dereitos de autor ante a dixitalización

Febreiro 24th, 2010  |  Published in| the_category Dereitos de autor, Libro dixital

No día de onte, a ACETT (Asociación de escritores e tradutores), colgou na súa web un documento que explica aos asociados como negociar os seus dereitos de autor para formatos dixitais. C.Torres

Consumo de papel impreso

Febreiro 24th, 2010  |  Published in| the_category Libro dixital, Papel

Sergio Parra publica unha clarificadora anotación en «Papel en blanco» sobre o consumo actual de papel impreso no mundo. Velaí a súa primeira e sorprendente afirmación:

«A pesar de la creencia de que la era digital acabaría con el papel, o al menos haría disminuir su consumo, lo cierto es que la necesidad de papel crece de manera continua. No sólo en el uso general, como la fabricación de servilletas, embalajes, bolsas o papel higiénico, sino a la hora de plasmar textos: cuadernos, papel para impresora y libros.»

Durante a década de 1990 aumentou o consumo de papel no mundo; porén, agora semella o momento de reducir o seu consumo, tanto polos efectos que provoca sobre o cambio climatico (contribúe á deforestación), como polo pulo da edición electrónica. No entanto, a industria do papel continúa evolucionando ata a creación de novos materias como o nanopapel, un papel que «posúe unha resistencia semellante ao do ferro».

Máis información: «La industria del papel en México agoniza por falta de bosques». M.B.

A ágora dixital

Febreiro 23rd, 2010  |  Published in| the_category Crítica, Editores, Libro dixital

Andreu Jaume, editor de Lumen, publica hoxe en El País un interesante artigo titulado “El ágora digital“. Jaume defende a función social que cumpre o editor, “inspirada no criterio con que constrúe o seu catálogo e orientada a mediar entre o autor e o seu público ideal”. Ademais de reivindicar o papel da crítica, considera que “a chegada do libro dixital quizais sexa unha boa oportunidade para propoñer unha reflexión en profundidade en torno ao oficio de escritores, editores e críticos”. Recomendamos este texto moi interesante. C.Torres

Apple non usará o DRM de Adobe

Febreiro 22nd, 2010  |  Published in| the_category Libro dixital

Os libros electrónicos adquiridos en iBooks Store só funcionarán en dispositivos Apple (iPad ou iPhone) segundo informa Computer World. Esta noticia supón que Apple apostando tamén para o libro electrónico polo seu sistema FairPlay desbota a posibilidade de empregar o DRM de Adobe. deste xeito a empresa da mazá acomete unha co libro electrónico unha estratexia semellante a de Amazon cuxos libros electrónicos funcionan só con Kindle. M.B.

Vía Soybits.

Bibliografía sobre edición e actividade editorial

Febreiro 22nd, 2010  |  Published in| the_category Bibliografía, Comercialización, Creación _editorial, Editores, Editoriais, Historia do libro, Libro dixital, Promoción

Velaí a primeira relación de fontes bibliográficas que utilizaremos no módulo «Edición e actividade editorial» do Mestrado en Edición das Universidades de Vigo e Santiago:

Fontes impresas libros:

Fontes impresas revistas e informes:

Fontes electrónicas: