Literatura_infantil_e_xuvenil

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra seguirá aberto ata o 3 de abril

Marzo 11th, 2011  |  Published in| the_category Eventos, Literatura_infantil_e_xuvenil

O XII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra amplía as súas data de apertura. En principio estaba previsto que a clausura fose o 19 de marzo, pero o número de visitas (máis de 24.000 persoas pasaron pola mostra desde a súa inauguración o 6 de febreiro) fixo que os responsables do evento decidiran estender 15 días máis a súa oferta.

O Salón, ademais dos diferentes espazos e exposicións (entre elas, unha dedicada á autora Gloria Sánchez), inclúe un amplo programa de actividades (obradoiros, espectáculos musicais, teatro, contacontos…), en principio dirixidas aos máis novos, pero de interese para o público de calquera idade.

A sede do Salón é o Pazo da Cultura de Pontevedra, e o horario de visita é de luns a venres polas tardes, o sábado todo o día e os domingos e festivos pola mañá. Héctor.

CLIJ, cadernos de literatura infantil e xuvenil

Marzo 5th, 2011  |  Published in| the_category Literatura_infantil_e_xuvenil

Falamos moitas veces de referencias de revistas de edición, desta volta poño á disposición do mestrado a ligazón da revista de literatura infantil e xuvenil, CLIJ, que me parece moi interesante. Ademais, nesta ocasión, fan unha referencia ao  ilustrador galego, Xan López, candidato ao premio Andersen de 2009 e que realiza  a portada da revista do número de xaneiro e febreiro da revista.

Silvia

Elixe a túa propia aventura

Marzo 2nd, 2011  |  Published in| the_category Literatura_infantil_e_xuvenil

Nestes tempos nos que todo é interactivo, e mesmo os libros están derivando cara a unha cousa a medio camiño entre o cine e os videoxogos, non podo evitar volver a vista atrás para falar da miña primeira experiencia como lector con capacidade para decidir o desenvolvemento e o final dunha historia.

Refírome aos libros da colección Elige tu propia aventura, que comezaron a publicarse a primeiros dos anos 80 na editorial Timun Mas, e que lembro como unha auténtica revolución entre os nenos da miña idade. Tratábase de algo inédito (nunca mellor dito): logo de cada páxina, o lector tiña a posibilidade de elixir cara onde levar a historia, a partir do dilema que se nos presentaba, ao estilo: Si quieres enfrentarte al dragón, vete a la página 37; si prefieres salir huyendo, continúa en la página 51.

A emoción de comprobar se a nosa elección era a correcta pasando as follas cara adiante ou cara atrás non se pode comparar con ningunha ferramenta dixital das que hoxe en día temos ao noso dispor, ou polo menos así o lembro eu, talvez magnificando as sensacións, como adoita acontecer cos recordos infantís. E acórdome de algo que non sei se hoxe se podería dar: grupos de dez ou doce rapaces en círculo escoitando durante o recreo a un deles que lía a historia e debatendo logo entre todos sobre cal era a mellor opción das que se plantexaban. E a rabia cando chegabas á paxina elixida e nela lías: Una enorme piedra impacta en tu cabeza. Estás muerto.

Hai webs nas que se recrea esta idea de ir levando a trama segundo as decisións que tomemos. E os responsables da iniciativa audiovisual Cordero TV están desenvolvendo un proxecto en vídeo inspirado nesta colección, e xa hai varias historias colgadas en Youtube. Non é o mesmo… Héctor.

O camiño dos nosos esforzos (libro interactivo-2)

Abril 13th, 2010  |  Published in| the_category Libro dixital, Literatura_infantil_e_xuvenil, Novidades, Sen clasificar

Semella que tiña que ser a Alicia de Lewis Carroll o que, oficialmente, aportase a maxia e a fantasía ao mundo do libro electrónico. E tiña que ser no iPad de Apple, posible “KindleKiller” nestes decisivos momentos, en cernes do futuro da edición.

Alice for the iPad

Atomic Antelope

n.m.

O camiño dos nosos esforzos (libro interactivo)

Marzo 6th, 2010  |  Published in| the_category Creación _editorial, Editoriais, Internet, Libro dixital, Literatura_infantil_e_xuvenil, Novidades

Dúas propostas de publicacións interactivas por parte de El Mundo e de Penguin. Semella especialmente interesante a introducción da “realidade aumentada” da proposta de Penguin.

n.m.

Rébecca Dautremer: a ilustradora

Marzo 5th, 2010  |  Published in| the_category Creación _editorial, Literatura_infantil_e_xuvenil

Rébecca Dautremer é unha ilustradora francesa, debuxante para prensa, cartelista, deseñadora gráfica e de xoguetes. É preciso ter diante as súas ilustracións para gozar co seu traballo. Debemos citar o seu traballo nos álbums ilustrados El gigante y los pájaros, Babaiaga, Cyrano, Princesas olvidadas o desconocidas, Nasrudín, Enamorados, Sentimento ou Elvis. A delicadeza coa que crea os diferentes personaxes atrae a atención cara a ela e cara ao gusto polo álbum ilustrado.

Este blog achéganos a esta magnífica ilustradora cunha entrevista na que nos desvela como chegou a ser ilustradora de álbums, as técnicas que emprega nos seus traballos ou a súa relación coa escrita dos seus propios álbums.

Carme P.

Dous galegos na lista de honra do IBBY

Marzo 4th, 2010  |  Published in| the_category Literatura_infantil_e_xuvenil

Dous galegos entran na Lista de Honra do Ibby 2010: Agustín Fernández Paz, por O único que queda é o amor como obra orixinal en galego, e Ignacio Chao pola calidade da súa tradución de A noite d’ O Risón, de Gonzalo Moure.

Podemos ler a noticia completa en Xornal.com e, con máis detalles, no blog de Xerais.

B.Ch.

Feira do libro infantil en Bolonia

Marzo 2nd, 2010  |  Published in| the_category Eventos, Feiras_do_libro, Literatura_infantil_e_xuvenil

Do martes 23 ao venres 26 de marzo terá lugar a Feira do libro infantil en Bolonia, Italia, a cita máis importante para a compravenda de dereitos de autores deste campo da literatura. Trátase da XLVII edición deste encontro, reservada en exclusiva para profesionais do sector: editores, autores, tradutores, ilustradores, axentes, impresores, bibliotecarios, ensinantes, libreiros…                                         Tina P.

Suspendido o I Congreso Iberoamericano de Lingua e Literatura Infantil e Xuvenil

Febreiro 27th, 2010  |  Published in| the_category Eventos, Literatura_infantil_e_xuvenil, Noticias_literarias

Queda suspendido o Primeiro Congreso Iberoamericano de Lingua y Literatura Infantil e Xuvenil que se viña celebrando estes días en Chile. A terrible traxedia coa que espertabamos esta mañá e que sumaba aínda máis amargura ao café de primeira hora foi a causante da suspensión deste congreso arredor da literatura infantil e xuvenil. Con esta fantástica iniciativa, na que participaban ilustradores, autores e expertos en literatura infantil e xuvenil de máis de 16 países, entre eles España, pretendíase ofrecer unha visión global do estado da literatura infantil e xuvenil en Iberoamérica e acadar medidas para fomentar o hábito lector nos nenos. Un proxecto moi estimulante e enriquecedor que agardamos poida rematar de mellor maneira nas próximas edicións. O blog Pizca de papel faise eco desta noticia e ofrece información sobre as actividades e relatorios levados a cabo no Congreso antes de ser suspendido. E.C.

Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Febreiro 26th, 2010  |  Published in| the_category Eventos, Literatura_infantil_e_xuvenil, Promoción

Xa está en marcha este salón que cada ano cobra máis pulo. Semella unha boa alternativa a posta en marcha de diversos obradoiros, contacontos, obras de teatro e concertos. PSR.