Metadatos

ISBN, preguntas frecuentes

Febreiro 20th, 2011  |  Published in| the_category Metadatos

Recomendamos a consulta do documento, «ISBN, preguntas frecuentes», elaborado pola Axencia do ISBN dependente da Federación de Gremio de Editores de España.

O documento en pdf pode descargarse aquí. Vía Anatomiteca.

A cesión da xestión do ISBN do Ministerio de Cultura e da Generalitat de Cataluña á Federación de Editores provocou diversas reflexións sobre a importancia dos metadatos so libro. Recomendamos esta anotación publicada en Pensódromo 21 sobre os metadatos e o futuro do ISBN.

Manuel Bragado

Acordo DILVE-Amazon

Febreiro 18th, 2011  |  Published in| the_category Comercialización, Libro dixital, Metadatos

A Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) e Amazon asinaron recentemente un acordo para integrar os metadatos (título, resumo, índice…) da plataforma DILVE (Distribución de Información del Libro Español en Venta) nos sistemas de información de Amazon, quen se encargará automaticamente de realizar as extraccións de datos, feito que pode axilizar as vendas  sen que o editor teña que facer ningunha operación adicional.

Fonte: DILVE e Ediciona

Silvia (Mestrado Edición)