Noticias_literarias

Literalia TV

Marzo 13th, 2011  |  Published in| the_category Internet, Literatura, Noticias_literarias

Puede que algunos de vosotros ya lo conozcáis, pero no está de más recordarlo.
Literalia TV fue un proyecto financiado por el Ministerio de Cultura y por fondos europeos a partir de una idea del escritor y performer madrileño Gonzalo Escarpa (Ediciones Trashumantes) que además participa en algunos de los programas de esta tele online.
Hace un tiempo que la programación no está actualizada (ignoro los motivos), pero el material que hay colgado es bastante interesante y ameno: se tratan temas en torno a la literatura y el libro con un formato muy dinámico, a pesar de que a veces focalicen excesivamente en la vida cultural madrileña.
En Anaqueles Ocultos, por ejemplo, hay un especial de 6 capítulos sobre editoriales, además de reportajes sobre librerías, traductores, bibliotecas y otros lugares frecuentes de la vida del libro.
El programa Basta de Letras está especializado en cubrir eventos paraliterarios del tipo presentaciones de libros, entregas de premios, homenajes, y todo lo que tiene que ver con la “farándula” de libro.
En los tres capítulos de Literatura en Internet se repasa el tema e-book, la propiedad intelectual y el fenómeno blog.
Leer os hará libros es una especie de terutulia a dos bandas sobre libros curiosos que de vez en cuando ofrecen ejemplos de buena edición.
Y por último, el fantástico  Todo es poesía menos la poesía, que va recogiendo algunas de las tendencias actuales de la poesía y la edición experimental.
El resto, quizá más estrictamente literario, queda en la web para quien quiera explorar. Y el video de presentación aquí:

Laura

Entrevista a Blanco Valdés

Marzo 7th, 2011  |  Published in| the_category Editores, Noticias_literarias

Hai persoas que len o xornal de atrás cara adiante por considerar ese movemento máis natural; en cambio, outras lémolo de diante cara atrás sen máis consideración.

Os lectores do segundo grupo tivemos que esperar hoxe á ultima folla de La Voz de Galicia para atoparnos coa entrevista que o noso querido ex-profesor Blanco Valdés lle concedeu a este xornal.

Raquel V.

Semana da Biblioteca en Irlanda

Marzo 6th, 2011  |  Published in| the_category Bibliotecas, Noticias_literarias

«A xente intelixente usa bibliotecas intelixentes» («Smart people use smart libraries») é o lema da Semana da Biblioteca organizada en Irlanda do 7 ao 13 de marzo. Actos, lecturas, exposicións que mobilizan a toda a rede bibliotecaria. Unha boa iniciativa para emular en Galicia.

Vía Trafegando ronseis.

M.B.

Agustín Fernández Paz candidato ao Premio Andersen

Febreiro 25th, 2011  |  Published in| the_category Noticias_literarias

Gálix anunciou hoxe o nomeamento do escritor Agustín Fernández Paz como candidato da OEPLI ao Premio Andersen.

Este premio, convocado polo IBBY, está considerado como o auténtico nóbel da Literatura infantil e xuvenil, razón pola que esta candidatura constitúe, xa en si mesma, outro importante recoñecemento para o autor de Contos por palabras. O fallo do Andersen farase público dentro dun ano, na Feira de Bolonia de 2012, e a entrega de Medallas realizarase durante o 33º Congreso de IBBY, que se celebrará en Londres, o mesmo ano.

Agustín Fernández Paz remata estes días a súa vindeira novela, que Xerais publicará na colección Narrativa antes do verán, ao tempo que corrixe as probas de Fantasmas de luz, libro ilustrado por Miguelanxo Prado que aparecerá no mes de setembro.

Os nosos parabéns a Agustín por tan merecida candidatura e por tan intensa actividade. M.B.

Lois Pereiro e as Letras Galegas

Febreiro 22nd, 2011  |  Published in| the_category Noticias_literarias

Neste 2011 o Día das Letras Galegas estará dedicado ao poeta Lois Pereiro (Monforte 1958 – A Coruña 1996). Como todos os anos, varias editoriais galegas aproveitarán esta celebración para publicar obras relacionadas dun ou doutro xeito co autor homenaxeado.

Pereiro só publicou dous poemarios: Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995), ambos os dous na editorial Edicións Positivas, que os volverá sacar este ano, ademais dunha novidade: as cartas enviadas por Pereiro á súa compañeira, Piedad Cabo, baixo o título Conversa ultramarina. Aos poucos meses da súa morte editouse Poemas para unha Loia (Espiral Maior), que se reeditará tamén de cara á data do 17 de Maio. Xerais (con varias propostas), Galaxia, Toxosoutos e de novo Espiral Maior farán as súas respectivas achegas, e tamén se agarda a tradución dos seus poemas ao inglés e ao castelán.

Obras de homenaxe, actos oficiais, documentais e mesmo unha escenografía audiovisual completan o abano de actos e novidades arredor deste Ano Pereiro, recollidos nun blog que informa de todo o que de interese vai xurdindo nos últimos meses arredor da figura do escritor. Tamén en Twitter se achegan cada día novas e fragmentos da súa obra.

Un dos proxectos máis atractivos é o da editorial Ouvirmos (Sarria – Lugo), na súa novidosa liña de integrar o literario e o sonoro. Ouvirmos publicou neste mes de febreiro unha fotobiografía sonora con máis de 100 imaxes inéditas da vida de Lois Pereiro, a gravacion dunha entrevista co poeta, textos musicados… en dous CD e un libro. A recompilación correu a cargo de Lino Braxe e Xurxo Souto, ademais do irmán do poeta, o xornalista Xosé Manuel Pereiro. Héctor.

Dolores Vilavedra entrevista en “Luces”: “É falaz dicir que a literatura de éxito é superficial”

Febreiro 18th, 2011  |  Published in| the_category Narrativa, Noticias_literarias

Óscar Iglesias publica nas páxinas semanais de “Luces” da edición galega d’ El País unha interesantísima entrevista con Dolores Vilavedra, a raíz da aparición d’ A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica dende 2010 (Galaxia). A profesora da Facultade de Filoloxía e crítica literaria considerada que nese período ampliouse a base lectora da narrativa galega, ao tempo que reivindica o dereito ao éxito e a calidade dalgúns títulos que o obtriveron como O lapis do carpinteiro ou Herba moura. Ademais, Vilavedra atrévese a estimar en 200.000 persoas a base de lectoras na nosa lingua: “Penso que o noso país ten un teito de lectores potenciais que, sendo un pouco realistas, podería ser de 200.000. O gran desafío neste momento é ampliar os lectores entre a sociedade castelán falante. Ata agora viviamos dun lector escolar e dun lector libre case monolingüe, moi concienciado. Agora temos que pescar noutros caladoiros, nos da xente que é amante da lectura, sexa de novelas ou de libros de micoloxía, e que comparte a lectura en galego e a de castelán dun xeito natural.” Manuel Bragado

Xornadas galegas de edición independente

Marzo 2nd, 2010  |  Published in| the_category Editoriais, Eventos, Noticias_literarias

Desde hoxe en Santiago vai haber unha reunión das editorias “Periféricas” para tratar sobre a edición independente e do sitio que ocupan na actualidade. Nestas xornadas haberá presentación de libros e virán algúns representantes de Portugal e Euskadi onde se van tratar temas como as licenzas libres.

Máis información aquí

Anxo Bea

Bouvard e Pécuchet

Marzo 1st, 2010  |  Published in| the_category Blogs_libros_edición, Crítica, Noticias_literarias

Manuel Rodríguez Alonso, crítico que viña desenvolvendo un intenso traballo de seguimento das novidades literarias galegas en Cartafol de Libros, abriu un blog de crítica baixo o nome «Bouvard e Pécuchet». Alonso dedica os seus primeiros traballos ás novelas recentes de Begoña Caamaño e Xabier Quiroga e os Episodios Galegos de Manuel Rivas.

Saudamos de forma entusiasta unha achega moi relevante para a crítica literaria galega. M.B.

Suspendido o I Congreso Iberoamericano de Lingua e Literatura Infantil e Xuvenil

Febreiro 27th, 2010  |  Published in| the_category Eventos, Literatura_infantil_e_xuvenil, Noticias_literarias

Queda suspendido o Primeiro Congreso Iberoamericano de Lingua y Literatura Infantil e Xuvenil que se viña celebrando estes días en Chile. A terrible traxedia coa que espertabamos esta mañá e que sumaba aínda máis amargura ao café de primeira hora foi a causante da suspensión deste congreso arredor da literatura infantil e xuvenil. Con esta fantástica iniciativa, na que participaban ilustradores, autores e expertos en literatura infantil e xuvenil de máis de 16 países, entre eles España, pretendíase ofrecer unha visión global do estado da literatura infantil e xuvenil en Iberoamérica e acadar medidas para fomentar o hábito lector nos nenos. Un proxecto moi estimulante e enriquecedor que agardamos poida rematar de mellor maneira nas próximas edicións. O blog Pizca de papel faise eco desta noticia e ofrece información sobre as actividades e relatorios levados a cabo no Congreso antes de ser suspendido. E.C.

As Correntes D’Escritas en Povoa de Varzim

Febreiro 25th, 2010  |  Published in| the_category Bibliografía, Eventos, Noticias_literarias

Entre o día 24 e o 27 deste mes temos unha cita coa edición 2010 das Correntes D’Escritas que todos os anos se celebran na vila portuguesa de Póvoa de Varzim. Esta é unha das citas máis importantes da literatura lusófona (Portugal, Moçambique, Brasil, Angola, Cabo Verde…), sen esquecer a presenza de autores en lingua castelá e galega.  A un paso de nós, aínda estamos a tempo de acudir a algunha das sesións que se celebran no fin de semana.

Germano Almeida, Zuenir Ventura, Gonzalo Celorio, Isaac Rosa, Hector Abad Faciolince, Imma Monsó, Luandino Vieira, Malangatana, Milton Fornaro, Manuel Rui, Francisco Moita Flores e Inês Pedrosa son algúns dos autores que participan nesta edición 2010.

Aquí tedes o programa deste ano.

José Luis Mateo