Sen clasificar

Conta atrás para a estrea de 24 Symbols

Marzo 28th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Esta semana está previsto que comece a funcionar o proxecto 24 Symbols, do que falamos en varias ocasións durante as clases do máster. Desde hai uns días xa se pode visitar a súa nova páxina web, na que se explican as características deste servizo, baseado no sistema de libros na nube.

Na web vemos que ademais da versión gratuíta (que inclúe publicidade e para a que precisamos de conexión a internet), para antes do verán está previsto o lanzamento da versión Premium, que por un prezo de 10 euros ao mes permitirá a descarga aos nosos equipos ou terminais, de modo que poderemos acceder aos libros do noso interese sen necesidade de conexión.

Para rexistrarse só é necesario clicar na icona de ‘Gústame’ da páxina de Facebook do proxecto, e o día 31 deste mes recibiremos a invitación para comezar a usar o servizo. Héctor.

Aprobado o proxecto da nova lei para a xestión do Depósito Legal

Marzo 20th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

O Consello de Ministros aprobou o venres pasado, para a súa remisión ás Cortes, o proxecto de lei de Depósito Legal, que busca adaptar a súa regulación tanto á realidade do Estado autonómico (mediante o traslado completo das competencias ás diferentes autonomías) como aos cambios no mundo da edición coa aparición de novos soportes e dos documentos dixitais na Rede. Para facérmonos unha idea da necesidade desta renovación, cómpre dicir as normativas ás que vén substituír datan dos anos 1971 e 1973.

Entre as principais novidades do texto destaca o novo papel que se atribúe ao editor, xa que será este e non o impresor (como ata agora) quen está obrigado a facer o depósito. Así mesmo, con esta aprobación diminúe de cinco a dous o número de exemplares a depositar, co que se reducen as cargas administrativas. Outro aspecto novo desta lei, que responde ás recomendacións da UE para que os estados membros adopten iniciativas para a conservación dixital do material cultural, é que contempla o depósito dos novos soportes da edición e dos documentos en rede.

Aínda que cando naceu, en 1957, estaba concibido unicamente como un sistema de control, hoxe en día a principal razón de ser do depósito legal é precisamente esta conservación do patrimonio bibliográfico mediante o seu depósito nos centros correspondentes. Héctor.

Exposición específica

Marzo 18th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Os dejo el link de lo que puede ser un buen descubrimiento, sólo hay que ir hasta la

plaza do Toural. Paula p.

http://www.compostelacultura.org/plastica/axendad.php?id_e=13129&lg=gal

A letra con sangue entra

Marzo 9th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Velaí vai o novo anuncio publicitario das librarías Gandhi na Cidade de México, que s

recolle Libros en la Nube.

Silvia

Cadáveres exquisitos: literatura efémera

Marzo 9th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Os cadáveres exquisitos son composicións colectivas nas que cada un dos participantes fai a súa achega a partir da realizada polo seu precedente. No ámbito literario (tamén hai cadáveres exquisitos na pintura e ata na música) o resultado é unha obra poética ou narrativa intuitiva, espontánea, lúdica e enormemente orixinal que non ten máis finalidade que a experimentación e o divertimento.

Este tipo de textos popularizáronse coa eclosión do surrealismo literario a primeiros do século XX, que con esta práctica buscaba tamén unha finalidade provocadora, de ruptura dos formalismos que encorsetaban a literatura anterior á aparición das correntes vangardistas.

A súa propia concepción como produto efémero fai que non teña cabida no mundo editorial. Pero si en internet; porque, que son ás veces as redes sociais, máis que cadáveres exquisitos de comentarios que se suceden sen un fío común que lles dea sustento? A Rede ofrécenos tamén a posibilidade de participar en creacións deste tipo, ou de ver experimentos como o deste vídeo:

Héctor

Mil canciones para escuchar antes de morir

Marzo 8th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

La Editorial Grijalbo publica el libro “ 1001 canciones que hay que escuchar antes de morir”, una lista de las mil mejores canciones que han sonado durante las últimas décadas en las emisoras de radio de todo el mundo. El libro, escrito por periodistas y críticos musicales, comienza el recorrido en 1916 y a partir de ahí repasa los clásicos de la primera mitad del siglo XX como St. James Infirmary Blues, de Louis Amstrong, Route 66, de Nat King Cole, Cross Road Blues, de Robert Johnson, Foi Deus, de Amalia Rodrigues, o Please love me, de B.B. King.

Teresa.

El otro libro dinámico

Marzo 7th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Libro

Espazos de libros

Marzo 7th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Exemplos curiosos   de recuperación de lugares para libros e a lectura. Moita publicidade non necesita,seguro que a xente vai ainda que sexa de turismo polo atractivo do sitio.E de paso seguro que alguén lee ou merca un libro.Poderiamos pensar nalgo parecido e reutilizar lugares con este proposito.

Fonte: Blog 2o editora.com

Olaia.

De lo germánico y lo latino

Marzo 7th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Os presento o quizá os recuerdo que existen dos fundaciones peculiares y muy activas dentro de Europa cuya preocupación es la evolución positiva de la sociedad a través de la creación artística. A día de hoy se ocupan de formar a niños y docentes, y suponen un complemento de los sistemas educativos europeos… Pasen y vean, o pasen y vayan, a ver cómo publican…


http://www.menuhin-foundation.com/m.html

http://www.menuhin-foundation.com/dvds/menuhin-s-dream



http://www.brunomunari.it/index2.htm

“Conservare lo spirito dell’infanzia
dentro di sé per tutta la vita
vuol dire conservare
la curiosità di conoscere
il piacere di capire
la voglia di comunicare”.

“Capire che cos’è l’arte è una preoccupazione (inutile) dell’adulto.
Capire come si fa a farla è invece un interesse autentico del bambino”

A importancia de saber venderse

Marzo 7th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Atopei un exemplo peculiar, no que a partir da promoción a través de marcapáxinas e da distribución por pequenas librarias o escritor consegue o contrato cunha editorial. É o caso de Eloy Moreno un escritor que pasou de autopublicar a sua obra “El boligrafo de gel verde” a conseguir un contrato ca editorial Espasa.
Eloy axudouse das redes sociais e de internet que lle serviron para dar a coñecer  e difundir a súa obra.

986421.shtml

Olaia.

Enganchados ao libro

Marzo 7th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Traer este vídeo ao blog non ten máis xustificación que a súa relación co mundo dos libros; ben, iso e tamén que cando o vin a primeira vez, pareceume que era moi divertido… Héctor.

library hotel

Marzo 6th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Preséntovos un curioso hotel ubicado en Nova Iorque http://www.libraryhotel.com/. O seu interés ven dado porque trátase dunha fusión de hotel e biblioteca onde o cliente pode gozar das diversas lecturas que se pode atopar tanto na habitación (clasificadas por temas) como no resto dos espazos do hotel.
As 60 habitacións polas que se constitúe distribúense en 10 prantas clasificadas en: ciencias sociais, idiomas, historia, matemáticas e ciencias, coñecementos xerais, tecnoloxía, filosofía, arte e relixión.
Este peculiar hotel foi galardoado no 2009 polo Travelers Choice Awards como o mellor hotel de luxo en Nova Iorque http://www.tripadvisor.com/TravelersChoice

inés

Informe sobre El Libro Electrónico 2010

Marzo 5th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

El Ministerio de Cultura publica el Informe del Grupo de Trabajo sobre El Libro Electrónico creado desde el Observatorio de la Lectura y el Libro, en el que se analiza el impacto del e-book en el sector del libro y en los hábitos lectores. Autores, traductores y expertos en el sector del libro aportan su visión sobre las implicaciones de la edición digital, concluyendo en la necesidad de adaptar el actual marco legal al entorno digital y son optimistas sobre las previsiones ya que apuntan una entrada decidida del sector en la edición electrónica a lo largo del presente año.

Fuente: Ministerio de Cultura

Teresa

La maravillosa Medicina de las ilustraciones

Marzo 4th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

http://www.quentinblake.com/

¿Sabéis quién es este señor?

En la entrada del otro día, os propuse pensar en los ilustradores de vuestra infancia, y en su repercusión en vuestras cabecitas, de la que igual fuimos todos inconscientes.

Este señor es Quentin Blake…
¿El ilustrador de muchos de nosotros?
Puede que sí, si Roald Dahl se paseaba por vuestras estanterías…

Vean, vean…

¿Habrá hoy en día la posibilidad de que alguien y su obra quede tan positivamente escondido en el imaginario de los pequeños de ahora?

Música para ler

Febreiro 27th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Música e literatura son artes que van da man de maneira permanente. E non nos referimos unicamente á conversión en cancións de textos literarios (case sempre poemas) ou a incluír un CD como agasallo nun libro cuxo contido estea relacionado dun ou doutro xeito co mundo da música.

Como vimos estes días na clase, tanto na charla con Marcos S. Calveiro (coincido con Silvia en que foi todo un luxo asistir a esa actividade do máster) como na interesantísima presentación realizada por Celia Torres sobre o proceso de creación literaria  desenvolvido por parte de Agustín Fernández Paz, a presenza da música ten unha enorme transcedencia durante o proceso creativo, mesmo para a conformación dos protagonistas, xa que os gustos musicais van ser un trazo definitorio da súa personalidade.

Se a creación literaria permite escoitar música ao tempo que se escribe, tampouco a lectura ten por que ser un acto silencioso. E para axudarnos, hai algunhas páxinas web que nos ofrecen suxestións sobre o tipo de música máis axeitada para acompañarnos mentres lemos, achegando unha atmosfera propicia e sen interromper a necesaria concentración.

A Fundación Alonso Quijano sacou ao mercado unha recompilación de temas que denomina melodias invisibles, música relaxante que os responsables da fundación definen como “notas e compases invisibles ao antollo dos oíntes, pero que permanencen nun aire que ficaría orfo sen a súa presenza” (ademais da pastelada de frase, o seu prezo é de 8 euros). Sen termos que facer gasto ningún, un grupo de usuarios de Spotify está creando unha listaxe de temas que reúnen as características idóneas para servir de fondo a unha sesión de lectura.

E a medio camiño entre estas dúas opcións podemos atopar este foro, no que os usuarios aconsellan a banda sonora ideal para títulos en concreto. Así, por exemplo, un lector do Silmarillion de Tolkien recomenda My Spanish Heart, de Chick Corea; e aínda máis alá, un namorado d’O gran Gatsby de Fitzgerald presenta unha listaxe de todas as cancións de jazz que aparecen citadas na novela como xeito ideal de ambientar a súa lectura.

Deste modo, se o libro resulta que non é o que agardabamos, polo menos poderá quedarnos o consolo de entrementres ter escoitado boa música: e que nos quiten lo bailao, poderiamos dicir (xa que falamos de boa música) en homenaxe á cantante galega que representará a España na edición deste ano do Festival de Eurovisión. Héctor.

Danza amable de Literatura Infantil y Juvenil

Febreiro 25th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

http://www.peonza.es/Principal.htm

Os doy a conocer o quizá os recuerdo la existencia de la revista PEONZA de Literatura Infantil y Juvenil. Ella misma se presenta en su página web, donde se pueden leer los pilares educativos sobre los que la construyeron y cómo, de la mano de la evolución de la educación, los niños, los jóvenes y la creación literaria a ellos destinada, ha ido haciéndose adulta y evitando convertirse en una utopía obsoleta. Los valores de los que es continente y difusora, que ha ido macerando y renovando durante su devenir, hacen que sea un pulmón extraordinario con el que respirar. Y visto lo visto, se hace esencial para los que quieran correr la larga maratón de la transmisión de las posibilidades de la creación humana, que creo que se llama cultura y debe estar al alcance de todos, a la hora de nutrirse de ella y a la hora de tener voz y lugar para poder hacer aportaciones.

El número del que veis la cubierta, es un monográfico que expone una larga reflexión sobre la imagen artística en la LIJ, a través de un género concreto, el Álbum Infantil Ilustrado y la figura del ilustrador. Lamentablemente no podéis leerlo ni descargarlo porque aún no existe la revista digitalizada. Aprovecho entonces este vacío de información, para plantearos una cuestión que se esbozó ayer y en la que sería interesante profundizar entre todos:

¿En qué medida pertenecen a vuestro universo imaginario las ilustraciones que visteis o veis en los libros que han pasado por vuestras manos?¿Independientemente de su importancia medida en porcentajes o cifras económicas, quién es el ilustrador que os ha acompañado en vuestra trayectoria como lectores, con qué peso, cuánto lugar ocupan sus dibujos en vuestra memoria?

Os invito a que visitéis su página, tiene hemeroteca con el contenido detallado de cada número, links interesantes, propuestas de otras publicaciones, etc. y no condiciono más vuestro descubrimiento.

Paula P.

PD: PEONZA no está dirigida exclusivamente a los docentes, aunque ellos, gratuitamente y con toda la filantropía del mundo, la realicen.

Premios da edición 2010

Febreiro 24th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Falando de promoción, estes días no mestrado, díxose que unha das formas máis comúns de publicitar unha obra literaria era a través de premios. A Asociación Galega de Editores celebra o 12 de marzo a VI Noite da Edición un evento anual do sector editorial galego en que se reunen todos aqueles que traballan o día a día da realidade material do libro. O acto vai ter lugar na Deputación de Lugo.

A AGE homenaxea,  no apartado da edición histórica, ao que fora director da Editorial Toxosoutos, Xosé Agrelo Hermo, así como ás dúas editorias que celebran o seu XXV aniversario, Ir Indo Edicións e Hércules de Ediciones. Tamén será nomeado socio de honra o ex presidente da AGE, Alfonso García Sanmartín.

Podedes ver a categoría dos premios no sitio web da AGE

Silvia

Informe do impacto do libro dixital

Abril 22nd, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

Seguindo a anotación de Raquel e o xurdimento de 2.0 Editora que segundo a prensa está a axitar o panorama cultural galego, engado unha ollada as “axitacións” a nivel nacional do libro electrónico a través dun informe do Ministerio de Cultura, que valora o impacto cultural do libro dixital no sector editorial e fai fincapé en cuestións transcendentais coma a necesidade de adapta-lo marco legal, a entrada decidida do sector editorial no libro dixital no 2011 e o crecemento deste tipo de edición que no 2009 medrou nun 48% respeito ó ano anterior. A ver se non nos “axitamos” tanto. Deica logo!

HT

http://www.mcu.es/libro/docs/MC/Observatorio/pdf/LIBRO_ELECTRONICO_2010.pdf

O camiño dos nosos esforzos (libro interactivo-2)

Abril 13th, 2010  |  Published in| the_category Libro dixital, Literatura_infantil_e_xuvenil, Novidades, Sen clasificar

Semella que tiña que ser a Alicia de Lewis Carroll o que, oficialmente, aportase a maxia e a fantasía ao mundo do libro electrónico. E tiña que ser no iPad de Apple, posible “KindleKiller” nestes decisivos momentos, en cernes do futuro da edición.

Alice for the iPad

Atomic Antelope

n.m.

Xeración C fronte a xeración X

Marzo 11th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

A verdade e que gustoume a anotación de Beatriz sobre o papel un tanto incerto que podemos ter os que pertencemos a xeración X. Coincido con ela en certos aspectos e sen dúbida do seu comentario derívanse puntos moi interesantes coma as posibilidades creativas da xeración C e un certo papel testimonial da xeración X, que atravesada frontalmente pola transición democrática e os cambios tecnolóxicos e sociais, parece estar máis perdida que un turista no seu primeiro día en Nova York. Penso que hai unha ligazón entre xeración C e o concepto de literacidade electrónica (que discutiamos nas aulas do mestrado), algo dende logo novidoso para os que pertencemos á xeración X. Coma inmigrante dixital, son moi consciente das miñas limitacións pero logo dunha certa reflexión, coido que todo o que tiven o privilexio de ver e tentar asimilar, ten un valor que non debemos deixar ó marxe. No eido da edición así coma no da empresa en xeral, temos moito que dicir e moito por facer. Busquei xeración X no mundo editorial e atopei este artigo algo máis xeral pero dende logo reconfortante.

http://www.elmundo.es/2009/11/08/mercados/20378237.html

HT

PD: aprendín moito no día das presentacións na aula do mestrado e foi un colofón xenial dun curso estimulante!