Sen clasificar

Transpasando o límite

Marzo 10th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

Esta tarde estades “convidados” á presentación da nova obra dramática de Rubén Ruibal, que ten por título Delimvois. Déixovos aquí unha breve guía do que pensei facer. Espero que nos divirtamos tanto como aprenderemos con esta experiencia. Patri S.

os comerciais ou distribuidores

Marzo 7th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

Xa é sabido que o libro ten pouco espazo na televisión, pero de vez en cando aparece e déixase ver. A semana pasada, perdoade pero repiten o domingo o que se emitiu o martes, tiveron unha pequena reportaxe sobre a venta dos comerciais. Eles titulan: novidades fronte a fondo de librería, e se cadra debaixo está o eterno debate entre cultura e negocio, tan difícil de equilibrar.

Choiva de ebooks

Marzo 7th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

Pido desculpas por remitirvos a información pouco veraz. Non se trata do Instituto Cervantes na miña anotación anterior senón da librería Cervantes, quen  através dun acordo comercial con Publidisa vai ofertar millón e medio de títulos en formato ebook. A xestión dos seus libros farase mediante a súa páxina web: www.ecervantes.com

HT

Máis novas sobre estratexias dixitais

Marzo 7th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

Este blog recolle unha serie de artigos moi interesantes que abranguen dende novas estratexias de difusión dixital no mercado do libro nos EEUU ata a aparición dunha biblioteca dixital por parte do Instituto Cervantes. http://book.blogia.com/

HT

O camiño dos nosos esforzos (banda deseñada)

Marzo 4th, 2010  |  Published in| the_category Cómic, Internet, Libro dixital, Sen clasificar

miguelanxo prado en entrecomics.com

A recente aparición do iMotion Comic de Miguelanxo Prado semella ser un novo punto de inflexión do discutido libro dixital e das súas formas, variantes, porvenir e intencións, aportando unha nova característica a un formato de sobra coñecido por todos. Esta semana, doutra banda, aparece un Macbeth interactivo e adaptable da man de Classical Comics que semella insistir nunha renovación do medio.
Produtos novos ou un camiño de dinosaurios cara os debuxos animados?

n.m.

Patróns da edición

Marzo 3rd, 2010  |  Published in| the_category Editoriais, Sen clasificar

A deseñadora e directora de arte W. Lynn Garret realizou unha investigación sobre os santos tras a que descubriu que non había ningún que tivese baixo a súa protección os deseñadores, como si é o caso doutros oficios. A partir desta conclusión decidiu asignar seis santos a esta profesión: santa Ansiedade, santa Concepta, san Exacto, santa Pantone, santa Pixela e san Tipo, que están recollidos na web Os santos patróns do deseño gráfico, que tamén podedes consultar en inglés en The Patron Saints of Graphic Design. Estes patróns e patroas están cheos de creatividade.

Ao carón destes santos protectores tamén é preciso mencionar a Titivillus, o encargado de introducir erratas nos textos, demo ou santo, segundo se mire, xa que ao final é quen nos dá traballo.

Carme P.