Día Internacional da Muller

Marzo 8th, 2011  |  Published in| the_category Eventos

Para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a biblioteca Concepción Arenal da USC (situada no Campus Sur, agora coñecido como Campus Vida) presenta Libros e Muller, unha escolma bibliográfica das incorporacións dos últimos tres anos de temática feminina, desde igualdade de oportunidades, o acceso das mulleres a postos directivos ou aspectos lexislativos da igualdade, ata debates sobre xénero e política, relixión ou economía.

A mostra recolle unha pequena parte dos libros existentes nesta biblioteca relacionados co tema, nun intento de facer visible o que ás veces pasa desapercibido nos estantes. As mesas de exposición están xusto na entrada da bilbioteca, e poderán visitarse durante todo este mes de marzo.

E que lugar mellor para unha exposición sobre libro e muller que nunha biblioteca que leva o nome de Concepción Arenal (1820-1893), escritora e avogada ferrolá, precursora e pioneira coa súa presenza en múltiples ámbitos sociais, académicos e laborais, nos que ata entón a tradición limitaba o acceso da muller. Toda unha adiantada ao seu tempo á que cómpre lembrar nunha data coma esta. O que haxa ou non de certo sobre o seu romance con Montero Ríos quedará para sempre agochado na traseira dalgunha das páxinas da nosa historia. Héctor.

Os comentarios están pechados.