Cadáveres exquisitos: literatura efémera

Marzo 9th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Os cadáveres exquisitos son composicións colectivas nas que cada un dos participantes fai a súa achega a partir da realizada polo seu precedente. No ámbito literario (tamén hai cadáveres exquisitos na pintura e ata na música) o resultado é unha obra poética ou narrativa intuitiva, espontánea, lúdica e enormemente orixinal que non ten máis finalidade que a experimentación e o divertimento.

Este tipo de textos popularizáronse coa eclosión do surrealismo literario a primeiros do século XX, que con esta práctica buscaba tamén unha finalidade provocadora, de ruptura dos formalismos que encorsetaban a literatura anterior á aparición das correntes vangardistas.

A súa propia concepción como produto efémero fai que non teña cabida no mundo editorial. Pero si en internet; porque, que son ás veces as redes sociais, máis que cadáveres exquisitos de comentarios que se suceden sen un fío común que lles dea sustento? A Rede ofrécenos tamén a posibilidade de participar en creacións deste tipo, ou de ver experimentos como o deste vídeo:

Héctor

Os comentarios están pechados.