Xa veñen as feiras do libro

Marzo 12th, 2011  |  Published in| the_category Feiras do libro

Chega a primavera e con ela ábrese en Galicia o ciclo de feiras do libro, que se estenderá tamén durante o período estival. A Federación de Libreiros de Galicia escolleu 11 vilas e cidades das catro provincias galegas para a celebración das feiras de 2011. A xeira comeza a primeiros de abril en Ferrol e remata en Monforte a finais de agosto. Como dirían no anuncio, maloserá que non nos coincida ben algunha para írmola visitar.

  • Ferrol: do 06/04 ao 10/04, no Cantón de Molíns
  • Santiago: do 30/04 ao 08/05, no Paseo da Alameda
  • Lalín: do 12/05 ao 15/05, na Praza da Iglesia
  • Lugo: do 17/05 ao 22/05, na Praza Maior
  • Ourense: do 31/05 ao 05/06, na Praza do Bispo Cesáreo
  • Vigo: do 01/07 ao 10/07, na Praza de Compostela
  • Cangas: do 21/07 ao 25/07, na Alameda de Soage
  • A Coruña: do 01/08 ao 10/08, nos Xardíns de Méndez Núñez
  • Viveiro: do 13/08 ao 16/08, nos Xardíns de Noriega Varela
  • Foz: do 18/08 ao 21/08, na Praza do Conde de Fontao
  • Monforte: do 24/08 ao 27/08, na Rúa Cardeal

Héctor

Os comentarios están pechados.