A relevancia dos correctores

Febreiro 25th, 2010  |  Published in| the_category Corrección, Creación _editorial, Editores  |  1 Comment

Un lector apenas descifra cando está inmerso na lectura; só capta unhas poucas luzadas e deixa que o seu cerebro recoñeza e reconstrúa o resto. Un corrector, pola contra, sabe que se procede dese xeito a meirande parte do contido vai escapar ao seu control, así que, como primeiro paso, esmiúza cada segmento mínimo do código; despois, interprétao mentalmente; e, finalmente, volve ao texto e comproba se esa imaxe mental coincide co que está escrito.

Nun vídeo realizado en Francia examinan o xeito de actuar, ante un texto, uns ollos de lector fronte a uns ollos de corrector, é sorprendente.

Carmen P.

Responses

  1. Belén Chao says:

    Febreiro 26th, 2010 at|comment_date at comment_time 09:50 (#)

    Xa coñecía o vídeo e é realmente impresionante.
    O díficil é que un corrector lea coma un lector cando non está a correxir… Como sería o vídeo destas dúas rapazas lendo un libro no seu tempo de lecer? Sería interesante.