Aplicación para a identificacion de tipografías

Marzo 16th, 2011  |  Published in| the_category Tipografía  |  2 Comments

Deixo por aquí o enlace a unha aplicación gratuíta chamada What the Font, que identifica o tipo de letra empregado nun texto a partir dunha imaxe. Só temos que subir un arquivo á páxina (no formato que sexa: jpg, gif, tiff, bmp…) e o programa dános a fonte coa que se corresponde. Eu subín arquivos de bastante baixa resolución e aínda así recoñeceuna sen problemas.

Deste modo, se atopamos (en papel, nun arquivo de imaxe ou xa trazada) unha tipografía que nos parece útil para algún traballo noso, non fai falta abrir a listaxe de fontes e ir mirando unha a unha a ver se por casualidade a atopamos: abonda con escanear a páxina ou subir directamente o arquivo á aplicación.

What the Font ten unha versión para iPhone/iPad, que é aínda máis espectacular: se, por exemplo, estamos lendo unha revista e queremos saber que tipografía se empregou nun dos seus textos, abrimos a aplicación, facemos unha fotografía coa cámara do propio teléfono e ao momento sabemos o nome dese tipo de letra e, se for gratuíta, poderiamos mesmo descargala.

Este servizo está aloxado na web MyFonts, que ten outras moitas ferramentas de interese relacionadas co mundo da tipografía. Héctor.

Responses

  1. dorfun says:

    Marzo 16th, 2011 at|comment_date at comment_time 13:32 (#)

    Pode resultarvos de interese coñecer http://gl.letrag.com/ Unha web galega na que coñecer información sobre fontes tipográficas e identificalas segundo as características.

  2. mestrado says:

    Marzo 17th, 2011 at|comment_date at comment_time 15:02 (#)

    Por suposto que é de interese a páxina de letrag, durante as clases deste máster de edición falamos varias veces dela e mesmo entramos na páxina para ver os contidos. Un saúdo!