Aprobado o proxecto da nova lei para a xestión do Depósito Legal

Marzo 20th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

O Consello de Ministros aprobou o venres pasado, para a súa remisión ás Cortes, o proxecto de lei de Depósito Legal, que busca adaptar a súa regulación tanto á realidade do Estado autonómico (mediante o traslado completo das competencias ás diferentes autonomías) como aos cambios no mundo da edición coa aparición de novos soportes e dos documentos dixitais na Rede. Para facérmonos unha idea da necesidade desta renovación, cómpre dicir as normativas ás que vén substituír datan dos anos 1971 e 1973.

Entre as principais novidades do texto destaca o novo papel que se atribúe ao editor, xa que será este e non o impresor (como ata agora) quen está obrigado a facer o depósito. Así mesmo, con esta aprobación diminúe de cinco a dous o número de exemplares a depositar, co que se reducen as cargas administrativas. Outro aspecto novo desta lei, que responde ás recomendacións da UE para que os estados membros adopten iniciativas para a conservación dixital do material cultural, é que contempla o depósito dos novos soportes da edición e dos documentos en rede.

Aínda que cando naceu, en 1957, estaba concibido unicamente como un sistema de control, hoxe en día a principal razón de ser do depósito legal é precisamente esta conservación do patrimonio bibliográfico mediante o seu depósito nos centros correspondentes. Héctor.

Os comentarios están pechados.