Todo o ‘Quijote’ en Youtube

Marzo 23rd, 2011  |  Published in| the_category Animación_á_lectura

Grazas a Raquel V. souben deste interesante proxecto que a Real Academia Española e Youtube puxeron en marcha hai un tempo: a lectura íntegra do Quijote para a súa difusión a través deste portal de contidos audiovisuais, o máis visitado en internet.

Finalmente a iniciativa consta de 2 149 vídeos nos que outras tantas persoas de todo o ámbito hispanofalante (algunhas coñecidas e outras anónimas) van lendo cada unha das pasaxes dos dous volumes da obra cimeira da literatura española.

As lecturas están realizadas nos máis variados contextos, desde bibliotecas ou consultas médicas ata a carón dos propios muíños da Mancha dos que se fala no libro ou co monte Fuji xaponés de fondo.

Para cando un proxecto así coa Esmorga, Si o vello Sinbad volvese ás illas ou Memorias dun neno labrego? Héctor.

Os comentarios están pechados.