Conta atrás para a estrea de 24 Symbols

Marzo 28th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Esta semana está previsto que comece a funcionar o proxecto 24 Symbols, do que falamos en varias ocasións durante as clases do máster. Desde hai uns días xa se pode visitar a súa nova páxina web, na que se explican as características deste servizo, baseado no sistema de libros na nube.

Na web vemos que ademais da versión gratuíta (que inclúe publicidade e para a que precisamos de conexión a internet), para antes do verán está previsto o lanzamento da versión Premium, que por un prezo de 10 euros ao mes permitirá a descarga aos nosos equipos ou terminais, de modo que poderemos acceder aos libros do noso interese sen necesidade de conexión.

Para rexistrarse só é necesario clicar na icona de ‘Gústame’ da páxina de Facebook do proxecto, e o día 31 deste mes recibiremos a invitación para comezar a usar o servizo. Héctor.

Os comentarios están pechados.