Suspendido o I Congreso Iberoamericano de Lingua e Literatura Infantil e Xuvenil

Febreiro 27th, 2010  |  Published in| the_category Eventos, Literatura_infantil_e_xuvenil, Noticias_literarias

Queda suspendido o Primeiro Congreso Iberoamericano de Lingua y Literatura Infantil e Xuvenil que se viña celebrando estes días en Chile. A terrible traxedia coa que espertabamos esta mañá e que sumaba aínda máis amargura ao café de primeira hora foi a causante da suspensión deste congreso arredor da literatura infantil e xuvenil. Con esta fantástica iniciativa, na que participaban ilustradores, autores e expertos en literatura infantil e xuvenil de máis de 16 países, entre eles España, pretendíase ofrecer unha visión global do estado da literatura infantil e xuvenil en Iberoamérica e acadar medidas para fomentar o hábito lector nos nenos. Un proxecto moi estimulante e enriquecedor que agardamos poida rematar de mellor maneira nas próximas edicións. O blog Pizca de papel faise eco desta noticia e ofrece información sobre as actividades e relatorios levados a cabo no Congreso antes de ser suspendido. E.C.

Os comentarios están pechados.