O futuro da edición segundo Jason Epstein

Marzo 2nd, 2010  |  Published in| the_category Editores, Libro dixital  |  4 Comments

Martín Gómez faise eco dun recente artigo de Jason Epstein, o autor de La industria del libro, sobre o futuro da edición. Unha anotación moi interesante na que se recollen algúns dos debates centrais da edición contemporánea. Recollemos algunhas afirmacións para abrir vías de reflexión:

«Por diferentes razones el distinguido negocio del libro al que me uní hace más de medio siglo ya tiene los nervios de punta y está sufriendo, por un lado, una irrompible adicción de apostador a best sellers riesgosos y estacionales, muchos de los cuales no recuperan sus costes; y, por el otro lado, un deterioro del fondo editorial, la vital anualidad con la cual en mejores días los editores habían contado año tras año para la estabilidad en buenos y malos tiempos»

«La digitalización hace posible un mundo en el que cualquiera puede reivindicar ser un editor y cualquiera puede llamarse autor. En este mundo los filtros tradicionales se habrán desvanecido en el aire y sólo el último filtro —la incapacidad humana de leer lo que es ilegible— permanecerá para discernir lo que vale la pena mantener en un mercado virtual donde el ruiseñor de Keats comparte un espacio electrónico con los haikú de la tía Mary»

«El costo del acceso para los futuros editores será mínimo, requiriendo solamente el mantenimiento del equipo editorial y sus servicios de apoyo inmediato pero sin el gasto de las instalaciones tradicionales de distribución y de las disintas jerarquías de gestión».

Afirmacións, como outras da anotación preparada por Marín Gómez, moi provocadoras e suxestivas. Queda aberto o debate. M.B

Responses

  1. Anxo says:

    Marzo 3rd, 2010 at|comment_date at comment_time 09:12 (#)

    Dende hai tempo levo dándolle voltas á idea de aluguer renovable para ofrecer os e-books. Isto levaría a facer un sistema no que o comprador tería acceso a material publicable para despois mercalo. Xunto a isto tamén sería interesante fornecer dunhas páxinas non como forma publicitaria, senón para darlle algo ao lector. Sería interesante que os lectores tiveran acceso a parte do material para despois ofrecerlle todo nun formato pechado que non se poda transformar ou ler en ningún outro sistema.

  2. Manuel Bragado says:

    Marzo 3rd, 2010 at|comment_date at comment_time 09:24 (#)

    Esa idea debería utilizarse, tamén, na edición impresa. Os adiantos en Internet teñen moi boa acollida entre os lectores. Nos e-books non debería ser diferente. Hai algúns agregadores como o francés Numilog que xa o proporcionan.

  3. Anxo says:

    Marzo 3rd, 2010 at|comment_date at comment_time 10:21 (#)

    Pero en edición impresa iso non é moi caro. Penso que o mellor sería facer algo como o que fixo Zafón non sei con que libro foi. Primeiro publicaron o libro na rede (non ten porque publicarse todo) e posteriormente en papel e tivo unha grande acollida.
    Eu falo de darlle a dobre opción ao lector, mais a pequena entrega eu penso que debería ser en formato dixital tipo pdf, algo como fai google. Os custos desa forma son moito menores e como son poucas páxinas calquera podería imprimir iso na súa casa.

  4. Hugo Todea Cabaleiro says:

    Marzo 4th, 2010 at|comment_date at comment_time 09:19 (#)

    Creo que entendo algo as estratexias das que falades pero por outra banda non acabo de ver claro un posible negocio de e-books sen unha demanda xa existente. Tamén penso que o deterioro do fondo editorial ó que fai referencia Jason Epstein podiamos velo nas aulas un pouco polo miúdo, xa que tamén fala dunha cultura editorial de best sellers que nin sequera venden, entre outros motivos pola súa brevidade no mercado e supoño que por falta de calidade tamén. Non nos leva este fenómeno de volta cara ó fondo editorial? É un punto que non acabo de entender.