Patróns da edición

Marzo 3rd, 2010  |  Published in| the_category Editoriais, Sen clasificar

A deseñadora e directora de arte W. Lynn Garret realizou unha investigación sobre os santos tras a que descubriu que non había ningún que tivese baixo a súa protección os deseñadores, como si é o caso doutros oficios. A partir desta conclusión decidiu asignar seis santos a esta profesión: santa Ansiedade, santa Concepta, san Exacto, santa Pantone, santa Pixela e san Tipo, que están recollidos na web Os santos patróns do deseño gráfico, que tamén podedes consultar en inglés en The Patron Saints of Graphic Design. Estes patróns e patroas están cheos de creatividade.

Ao carón destes santos protectores tamén é preciso mencionar a Titivillus, o encargado de introducir erratas nos textos, demo ou santo, segundo se mire, xa que ao final é quen nos dá traballo.

Carme P.

Os comentarios están pechados.