O camiño dos nosos esforzos (banda deseñada)

Marzo 4th, 2010  |  Published in| the_category Cómic, Internet, Libro dixital, Sen clasificar  |  6 Comments

miguelanxo prado en entrecomics.com

A recente aparición do iMotion Comic de Miguelanxo Prado semella ser un novo punto de inflexión do discutido libro dixital e das súas formas, variantes, porvenir e intencións, aportando unha nova característica a un formato de sobra coñecido por todos. Esta semana, doutra banda, aparece un Macbeth interactivo e adaptable da man de Classical Comics que semella insistir nunha renovación do medio.
Produtos novos ou un camiño de dinosaurios cara os debuxos animados?

n.m.

Responses

  1. Anxo says:

    Marzo 4th, 2010 at|comment_date at comment_time 12:48 (#)

    Xa queda practicamente respondido coa pregunta que fas. Eu penso que este tipo de tecnoloxía está máis perto da animación cinematográfica que da edición.
    Aínda así penso que é un mercado cunha expansión tremenda que non se vai quedar aí, porque a banda deseñada pode achegarnos a outro tipo de literatura.
    Grazas por achegar isto é moi interesante n.m?

  2. n.m. says:

    Marzo 4th, 2010 at|comment_date at comment_time 13:12 (#)

    De feito, Jason Epstein olvida esta faceta nova do libro dixital, o de mudar na súa esencia. Xa temos falado disto, pero penso que a dualidade entre libro de ficción e libro educativo son dous camiños ben diferenciados na evolución do dixital. Mezclanse demasiado a miudo nas reflexions sobre o que ven.
    De momento, nembargantes, todo semella estar moi verde.
    Un bo rio revolto, que lle din.

  3. Anxo says:

    Marzo 4th, 2010 at|comment_date at comment_time 13:59 (#)

    Exacto, aí atinaches. É certo que se mesturán, mais porque o mundo editorial non ten nada en proxecto sobre este tema. A introdución de literaturas sexa ficción, contemporánea, antiga (macbeth, celestina, romeos, etc) neste tipo de formato sería unha forma de diversificar a literatura na educación e darlle aos rapaces algo no que iniciarse neste tipo de literatura (adaptar isto a infantil, primaria…). Imaxinas un imotion comic dalgunha obra de Verne, Tolkien, Cervantes, Castelao (un dos precursores)? Eu só de imaxinalo éntranme ganas de aplaudir e non sei que máis.
    Este río revolto está cada vez claro e temos que saber cales son as nosas prioridades para navegar nel co mellor barco.

  4. n.m. says:

    Marzo 4th, 2010 at|comment_date at comment_time 14:17 (#)

    Sexamos honestos; incluso nas recreacións ficticias do futuro, de películas e series de TV, os androides len libros en segundos somentes ollando as páxinas. Sen embargo, á hora de aprender unha función nova, son enchufados a un aparello para “actualizarse”. Esto semella mostrar un certo nivel subconsciente lóxico nos creadores destas ficcións, que figuran a priori no noso contexto cultural, pero que non acaban de ser un feito na nosa realidade.
    É dicir, os niveis de aprendizaxe e entretenemento están diferenciados nos seus graos de practicidade: aprendo dun xeito práctico, emprego a lectura de ficción dun xeito placentero.
    Isto é o que trato de dicir, e penso que o estou a explicar mal. O futuro dixital da edición pasa por unha bipolaridade formal, á marxe dos “experimentos” que xurdan polo medio.

  5. n.m. says:

    Marzo 4th, 2010 at|comment_date at comment_time 14:18 (#)

    Sexamos honestos; incluso nas recreacións ficticias do futuro, de películas e series de TV, os androides len libros en segundos somentes ollando as páxinas. Sen embargo, á hora de aprender unha función nova, son enchufados a un aparello para “actualizarse”. Esto semella mostrar un certo nivel subconsciente lóxico nos creadores destas ficcións, que figuran a priori no noso contexto cultural, pero que non acaban de ser un feito na nosa realidade.
    É dicir, os niveis de aprendizaxe e entretenemento están diferenciados nos seus graos de practicidade: aprendo dun xeito práctico, emprego a lectura de ficción dun xeito placentero.
    Isto é o que trato de dicir, e penso que o estou a explicar mal. O futuro dixital da edición pasa por unha bipolaridade formal, á marxe dos ‘experimentos’ que xurdan polo medio.

  6. Anxo says:

    Marzo 4th, 2010 at|comment_date at comment_time 14:28 (#)

    Si que te explicaches e claramente. :ais quería meter un deses posibles ‘experimentos’ como algo real que está aí, sendo totalmente honesto.
    Iso é un erro no que caemos, penso que non todo o mundo está dentro desta polaridade