Como impactar cun video promocional

Marzo 5th, 2010  |  Published in| the_category Comercialización, Promoción

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/F_jyXJTlrH0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Non sei se axuda ou non, mais cando vin este video promocional rápidamente pensei no máster e por suposto no noso marabilloso blog. Este video promocional realizouse en stop motion (A moza cadaver, Tim Burton) para o Book Council de Nueva Zelanda, una organización nacional sen ánimo de lucro que ten como obxectivo inculcar e difundir a lectura entre os neozelandeses. Cada vez que vexo un Video desta calidade éntrame a curiosidade por saber cantas horas leva facelo. Espero que vos agrade e vos axude para ese traballo promocional.

Como vedes a promoción precisa de orixinalidade e neste caso, a pesar de usar un método tan básico, tivo un efecto espectacular na rede con máis dun millón de visitas. Polo tanto cunha cámara fotográfica, moi pero que moi rápida no disparo, e o manexo dun programa como o stop motion studio ou o Windows Live Movie xunto a un bo manexo do photoshop pódense facer videos promocionais espectaculares.

Anxo Bea

Os comentarios están pechados.