ESE FUTURO… NOSO FUTURO

Marzo 9th, 2010  |  Published in| the_category Editoriais

Certamente o cambio, ese devenir que tanto medo dá está a pasar…

E porqué ter medo? porqué non estar á par? cheirando toda esa voráxine?? Creo que só introducindo novas e datos nesta ferramenta xa estamos na onda do cambio, da evolución…

Estaba eu a pensar na chamada Xeración C onde se  integran ós novos de agora (nados entre os anos 88 e 93 do 1900). O termo C vén de Contido, “contidos xerados polo consumidor”  en tódolos eidos que te podes imaxinar… e aparece unha editorial que integra os contidos do consumidor, o futuro da edición, o futuro dos lectores, o futuro da distribución…

www.tikatok.com

“Imaxina unha historia. Crea un libro” dí a súa presentación, coa posibilidade de te-lo libro na casa en tapa dura, tapa blanda ou pdf. Meus pequenos xa poden ter un pouco de gloria.

Eu concretamente quero ser da Xeración C xa que teñen mecanismos para eleva-la súa creatividade. Nembargantes, tocoume a xeración X (nados a partires do 70), unha xeración perdida e incrédula que estamos a ver de todo sen chegar a nada.

Beatriz Urgal

Os comentarios están pechados.