Xeración C fronte a xeración X

Marzo 11th, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

A verdade e que gustoume a anotación de Beatriz sobre o papel un tanto incerto que podemos ter os que pertencemos a xeración X. Coincido con ela en certos aspectos e sen dúbida do seu comentario derívanse puntos moi interesantes coma as posibilidades creativas da xeración C e un certo papel testimonial da xeración X, que atravesada frontalmente pola transición democrática e os cambios tecnolóxicos e sociais, parece estar máis perdida que un turista no seu primeiro día en Nova York. Penso que hai unha ligazón entre xeración C e o concepto de literacidade electrónica (que discutiamos nas aulas do mestrado), algo dende logo novidoso para os que pertencemos á xeración X. Coma inmigrante dixital, son moi consciente das miñas limitacións pero logo dunha certa reflexión, coido que todo o que tiven o privilexio de ver e tentar asimilar, ten un valor que non debemos deixar ó marxe. No eido da edición así coma no da empresa en xeral, temos moito que dicir e moito por facer. Busquei xeración X no mundo editorial e atopei este artigo algo máis xeral pero dende logo reconfortante.

http://www.elmundo.es/2009/11/08/mercados/20378237.html

HT

PD: aprendín moito no día das presentacións na aula do mestrado e foi un colofón xenial dun curso estimulante!

Os comentarios están pechados.