Lanzamento 2.0

Marzo 18th, 2010  |  Published in| the_category Blogs_libros_edición, Creación _editorial, Editoriais, Eventos  |  1 Comment

Esta tarde, ás 20.00, a libraría Couceiro acolle en Compostela a posta de largo de 2.0 Editora, o lanzamento dunha nova editorial no panorama galego cunha vocación e aposta que promete aunar os soportes e formatos novos e os tradicionais. A andaina comeza coa presentación dos primeiros títulos que abren dúas coleccións: Mundos, de narrativa (coas traducións ao galego da Guía do autostopista galáctico, de Douglas Adams, e de Sen novas de Gurb, de Eduardo Mendoza) e Folcsonomías, de ensaio sobre comunicación e sociedade (o primeiro título será Un idioma preciso, de Xusto R. Río).

Esta aparición que, lemos na prensa, “axita o panorama da insdustria cultural galega”, trae da súa man tamén unha nova incorporación ao universo dos blogs sobre edición e comunicación cultural.

Raquel López

Responses

  1. HT says:

    Abril 22nd, 2010 at|comment_date at comment_time 09:28 (#)

    Axitar pode axitar pero dende logo non pasaron meses cavilando sobre o seu nome. Orixinalidade pouca, eso sí unha proposta moi interesante e algo máis de pulo para a plataforma editorial galega: good luck!