Dolores Vilavedra entrevista en “Luces”: “É falaz dicir que a literatura de éxito é superficial”

Febreiro 18th, 2011  |  Published in| the_category Narrativa, Noticias_literarias

Óscar Iglesias publica nas páxinas semanais de “Luces” da edición galega d’ El País unha interesantísima entrevista con Dolores Vilavedra, a raíz da aparición d’ A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica dende 2010 (Galaxia). A profesora da Facultade de Filoloxía e crítica literaria considerada que nese período ampliouse a base lectora da narrativa galega, ao tempo que reivindica o dereito ao éxito e a calidade dalgúns títulos que o obtriveron como O lapis do carpinteiro ou Herba moura. Ademais, Vilavedra atrévese a estimar en 200.000 persoas a base de lectoras na nosa lingua: “Penso que o noso país ten un teito de lectores potenciais que, sendo un pouco realistas, podería ser de 200.000. O gran desafío neste momento é ampliar os lectores entre a sociedade castelán falante. Ata agora viviamos dun lector escolar e dun lector libre case monolingüe, moi concienciado. Agora temos que pescar noutros caladoiros, nos da xente que é amante da lectura, sexa de novelas ou de libros de micoloxía, e que comparte a lectura en galego e a de castelán dun xeito natural.” Manuel Bragado

Os comentarios están pechados.