Andrea Palet: «Breves apuntes para editores»

Febreiro 23rd, 2010  |  Published in| the_category Editores  |  1 Comment

Martín Gómez faise eco no seu blog de varios consellos da editora chilena Andrea Palet para os que se inician na edición, «ese oficio de corte e confección invisible». Entre os consellos que recolle o responsable de «El ojo fisgón» merecen a nosa atención tres afirmacións que propoñemos para o debate:

  1. «Non todo merece ser un libro»: o libro supón un modo de recepción que non se axusta automaticamente a calquera contido.
  2. «Coñecer para ignorar»: as normas gráficas e de estilo teñen un sentido.
  3. «Sé una digna sombra»: a cualidade primeira dun editor respectable é a capacidade de quedar inmensamente calado.

Remata a súa anotación Martín Gómez salientando a súa admiración polas palabras da xove editora de quen di «asume o seu oficio con dignidade, discreción, xenerosidade e humildade.» M.B.

Responses

  1. Brétemas » Unha curiosidade interminable says:

    Agosto 22nd, 2010 at|comment_date at comment_time 20:23 (#)

    […] palabras corresponden a un traballo («Breves apuntes para editores») da nosa admirada Andrea Palet, a xove editora chilena responsable de Edicións B no país austral, […]