A ágora dixital

Febreiro 23rd, 2010  |  Published in| the_category Crítica, Editores, Libro dixital  |  1 Comment

Andreu Jaume, editor de Lumen, publica hoxe en El País un interesante artigo titulado “El ágora digital“. Jaume defende a función social que cumpre o editor, “inspirada no criterio con que constrúe o seu catálogo e orientada a mediar entre o autor e o seu público ideal”. Ademais de reivindicar o papel da crítica, considera que “a chegada do libro dixital quizais sexa unha boa oportunidade para propoñer unha reflexión en profundidade en torno ao oficio de escritores, editores e críticos”. Recomendamos este texto moi interesante. C.Torres

Responses

  1. Anxo says:

    Febreiro 24th, 2010 at|comment_date at comment_time 10:19 (#)

    Que problema existe pola democratización da cultura? Eu penso que ningún. Internet é unha bendición para a difusión de cultura e de ideas e aí é onde cómpre ser crítico e saber o que é bo pra ler ou non.
    Por outro lado, os editores temos que entender dunha vez que existe un xigante, que se chama internet, co que hai que ir da man. É certo que sempre existiremos románticos que nos vai gustar o cheiro e o tacto do papel do libro ou esa inmersión no paisaxismo cada vez que lemos un libro en paraxes inolvidables. Mais debemos comprender dunha vez que estamos nunha época na que o libro en papel comezará a ter un competidor e deberemos adaptarnos a esa situación porque será menos traumático para o escritor e o editor (figura esencial na difusión da mensaxe onte, hoxe, maña e sempre independentemente do formato que se use.