Os novos aparellos de lectura

Febreiro 21st, 2011  |  Published in| the_category Historia do libro, Libro dixital

A xente dunha certa idade (os que non nacemos cun computador embaixo do brazo) adoita ver con desconfianza a expansión dos novos trebellos de reprodución de contidos. Aínda son moitos os que compran os discos nas tendas, os que só usan os móbiles para chamar, os que non entenden como se pode ter unha conversa persoal a través dunha pantalla, sen escoitar sequera a voz da outra persoa.

Esas actitudes afectan tamén o mundo da edición. Continuamos preferindo os venerables libros de papel e cartón, non só polo seu tacto e mesmo polo seu cheiro, mais tamén porque non damos entendido como funcionan os novos inventos! A todas esas persoas, recoméndolles paciencia. Cómpre termos en conta que o noso adorado libro non sempre existiu, e que noutras épocas os lectores tamén se enfrontaron a retos tecnolóxicos en aparencia insuperables. Até os escribáns medievais acharon dificultades para se adaptaren aos novos tempos.

Velaquí unha proba documental deste episodio pouco coñecido da nosa historia:

As cousas non sempre son tan difíciles como parecen ao comezo.

Suso

Os comentarios están pechados.