Tinta electrónica e movemento

Febreiro 22nd, 2011  |  Published in| the_category Libro dixital

A tinta electrónica é a base tecnolóxica sobre a que traballan os e-books. Durante anos, as súas grandes desvantaxes con respecto a outro tipo de soportes máis versátiles foron a limitación á tinta negra e a imposibilidade de reproducir movemento. Pero xa en 2007 apareceu a primeira pantalla de tinta electrónica a cores (desenvolvida pola firma chinesa Hanvon), e este mesmo mes a empresa francesa Bookeen anunciou a próxima comercialización dun dispositivo capaz de reproducir animacións en vídeo mediante tinta electrónica.

Como podedes ver no vídeo de exemplo, de momento a calidade é baixa, pero tendo en conta a rapidez coa que se producen este tipo de avances seguro que axiña sairán novos modelos con maior resolución e velocidade de animación, e mesmo poderían verse as primeiras pantallas que de xeito experimental combinen cor e movemento. Talvez sexa o que necesitan este tipo de soportes que, fronte aos tablets (ao estilo do iPad), e malia as súas vantaxes en canto a prezo, consumo enerxético e comodidade de lectura, non acaban de posicionarse no mercado, quizais porque de momento só serven para iso: para ler. Héctor.

Os comentarios están pechados.