Indígnate!

Febreiro 23rd, 2011  |  Published in| the_category Novidades

Indígnate! é un pequeno libriño de arredor de 30 páxinas (un opúsculo, vin que lle chaman nalgunhas webs) de Stéphane Hessel, un escritor francés de 93 anos, antigo membro da Resistencia antinazi. Hessel pretende con este texto facer un chamamento colectivo, aínda que especialmente dirixido á xuventude, para conciencialos da necesidade de rebelarse contra a realidade económica, a inxustiza social e as políticas medioambientais.

A obra converteuse en todo un fenómeno social en Francia: Indigène Editions, a pequena editorial de Montpellier que confiou na súa publicación, fixo unha tirada inicial de 8.000 exemplares (todo un risco para unha empresa da súas dimensións) e acabou vendendo… máis de dous millóns! E actualmente está prevista a súa próxima publicación en máis dunha vintena de linguas. Entre elas, o galego, pois estes días sóubose que a editorial Kalandraka sacará a primeiros de marzo unha edición na nosa lingua, cun prólogo de Manuel Rivas. O seu prezo será de 5 euros. Héctor.

Os comentarios están pechados.