Premios da edición 2010

Febreiro 24th, 2011  |  Published in| the_category Sen clasificar

Falando de promoción, estes días no mestrado, díxose que unha das formas máis comúns de publicitar unha obra literaria era a través de premios. A Asociación Galega de Editores celebra o 12 de marzo a VI Noite da Edición un evento anual do sector editorial galego en que se reunen todos aqueles que traballan o día a día da realidade material do libro. O acto vai ter lugar na Deputación de Lugo.

A AGE homenaxea,  no apartado da edición histórica, ao que fora director da Editorial Toxosoutos, Xosé Agrelo Hermo, así como ás dúas editorias que celebran o seu XXV aniversario, Ir Indo Edicións e Hércules de Ediciones. Tamén será nomeado socio de honra o ex presidente da AGE, Alfonso García Sanmartín.

Podedes ver a categoría dos premios no sitio web da AGE

Silvia

Os comentarios están pechados.