Compostweets

Febreiro 27th, 2011  |  Published in| the_category Eventos  |  1 Comment

Este sábado pasado a Cidade da Cultura acolleu unha reunión de profesionais e expertos en novas tecnoloxías, co fin de analizar a relevancia que as redes sociais teñen actualmente na comunicación. Esta primeira edición do encontro denominouse Compostweets, e estaba organizada pola axencia de publicidade e deseño gráfico Lúdica 7, de Santiago.

Entre os temas desenvolvidos na xuntanza estiveron o impacto publicitario e promocional das redes sociais, a importancia de que as institucións apoien (e mesmo fagan uso) deste tipo de ferramentas, as vantaxes de organizar a presenza nas redes sociais desde un organismo coordinador e o establecemento de contacto con iniciativas similares noutras parte de España.

Dúas mesas redondas, unha master-class, talleres e relatorios conformaron o programa da xornada, na que participaron arredor de 250 persoas relacionadas dun ou doutro xeito (nalgúns casos, só como usuarios) desta nova maneira de entender a información, e á que aínda quedan infinitas posibilidades por atoparlle e aproveitar. Eventos coma este demostran que Galicia (e o galego, a vixésimo segunda lingua máis usada en Twitter a nivel mundial) non quere permanecer allea a esta revolución no mundo da comunicación. Héctor.

Responses

  1. Publicaciones en prensa Compostweets 2011 | Compostweets says:

    Febreiro 28th, 2011 at|comment_date at comment_time 12:31 (#)

    […] E ACTIVIDADE EDITORIAL Compostweets […]