Librerías Gandhi

Febreiro 27th, 2011  |  Published in| the_category Librarías, Promoción, Publicidade

Librerías Gandhi viría a ser o homólogo mexicano da francesa FNAC. Unha cadea onde, ademais de vender libros, música e vídeo, podes asistir a un concerto, a unha presentación dun libro, etc. O motivo de ser traída a este blog é pola súa publicidade. Segundo se dixo na clase, un dos labores da profesión de editor é o de promoción e animación á lectura e esta cadea ten unha enxeñosa forma de levalo a cabo a través de mensaxes en bolsas, postais ou marcapáxinas. Algún dos seus mellores textos, para o meu gusto, é este. Invítovos a que visitedes a súa páxina paseniño.

Raquel López Veleiro

Os comentarios están pechados.