Dicionario de onomatopeas

Febreiro 25th, 2010  |  Published in| the_category Cómic, Creación _editorial, Dicionarios, Historia do libro, Novidades  |  1 Comment

A aparición do Diccionario de onomatopeyas del cómic, autoría de Luis Gasca e Román Gubern, abre a porta a un paraíso para todas as persoas amantes da banda deseñada. Ofrece, no mesmo formato ca un dicionario, máis de 500 propostas de onomatopeas acompañadas dun exemplo en forma de viñeta. Moitas destas onomatopeas xa están establecidas como convención propia da linguaxe da historia gráfica. O seu uso podémolo estender a toda a literatura, pois recolle: sons non verbais de produción humana, sons de produción animal, sons producidos pola natureza, sons producidos pola interacción dun ser vivo e un obxecto e sons producidos por obxectos.

Carme P.

Responses

  1. Manuel Bragado says:

    Febreiro 25th, 2010 at|comment_date at comment_time 13:18 (#)

    Este tipo de dicionarios temáticos están collendo pulo no eido da edición de referencia. Semellan constituír unha vía alternativa para a edición enciclopédica, hoxe con moitas dificultades para «competir» coa información desestrutura de Internet. No eido da edición galega bótanse en falta este tipo de obras. Unha liña interesante a desenvolver.