Promocións nos xornais

Marzo 2nd, 2011  |  Published in| the_category Promoción

Hoxe por hoxe parécenos moi común a idea de obter co xornal algún obxecto. Xuntando os cupóns do lombo podemos conseguir, a un prezo moi asequible, unha vaixela, un móbil, ou incluso unha toalla do noso equipo. Os regalos (colección de DVD, libros ou diferentes láminas, por exemplo) tampouco nos causan estrañeza. Estamos xa moi acostumados ás diferentes estratexias promocionais que utilizan os xornais para aumentar o público lector e obter maiores beneficios económicos (unha cousa leva á outra).

Estas estratexias promocionais nos diarios non son algo novo que inventara a mercadotecnia neste século: as primeiras promocións chegaban aos xornais alá polo ano 1886, hai 125 anos. Na páxina de efemérides de La Voz de Galicia do sábado pasado podía lerse esta nova:

«El periódico de señoras y señoritas La bordadora y el día de moda, que dirige en Madrid don Manuel Solvi, es de gran utilidad, pues contiene un sinnúmero de dibujos, abecedarios de todos tamaños, enlaces, nombres y trabajos en croché, malla, encaje y sus figurines son del mejor gusto y sencillez. La bordadora y el día de moda es el único periódico que regala a sus suscriptores una labor primorosamente dibujada sobre terciopelo o tela y un precioso álbum. El precio de suscripción es de ocho pesetas al semestre.»

 Hai 125 anos La bordadora y el día de moda era o único xornal que utilizaba esta estratexia. Se aínda se segue utilizando será porque certamente proporciona beneficios. Ademais dos beneficios, as promocións parecen tamén conferir certo prestixio ao xornal (preocúpanse polos lectores e agradecen a súa fidelidade). Hoxe poderiamos dicir que é incluso difícil atopar algunha publicación periódica que, nalgún momento, non nos agasalle con algo, e é que a todos nos resulta mesmo gratificante poder levar o xornal acompañado dalgo máis, ou non?

Raquel V.

Os comentarios están pechados.