Cabozo, un Facebook á galega

Marzo 3rd, 2011  |  Published in| the_category Internet

Desde hai tres anos vén funcionando en internet a iniciativa Cabozo, unha rede social dirixida aos usuarios galegos.

Lonxe dos xa 600 millóns de usuarios de Facebook, Cabozo (creado a iniciativa dun emigrante galego en Alemaña) móvese arredor dos 3.500 usuarios, o que non está nada mal tendo en conta a súa circunscrición ao ámbito da nosa comunidade.

Cabozo (un dos sinónimos de hórreo en galego) ofrece unhas posibilidades similares ás de Facebook, aínda que a súa filosofía vai máis da liña de compartir información de maneira integral, sen as restricións doutras redes sociais, que limitan a visualización dos nosos contidos a amigos e agregados. Aínda que existe a posibilidade de restrinxir o acceso á nosa información (sobre todo a imaxes e vídeos), o normal en Cabozo é que todo estea á vista de todos. E, cousa que Facebook non fai, ofrece a posibilidade de realizar videoconferencias entre ata catro usuarios.

Ah, e tamén existe un Twitter made in Galicia: Latrica. Héctor.

Os comentarios están pechados.