Competencia nos libros electrónicos?

Marzo 3rd, 2011  |  Published in| the_category Editores, Libro dixital

Os libros electrónicos están continuamente no punto de mira. Comparten defensores e detractores, suscitan moitas polémicas, fan pensar na desaparición dos libros en papel e, sobre todo, moven a industria editorial.

O último sobre eles é a nova que apareceu hoxe en La Voz de Galicia: algunhas editoriais de varios estados membros da UE están sendo investigadas por pactar o prezo dos libros electrónicos. Sospéitase que se puideron violar algunhas normas europeas de competencia que prohiben prácticas restrictivas, motivo polo cal se realizaron algunhas inspeccións por sorpresa. Con todo, isto non significa que as editoriais sexan culpables nin prexulgan o resultado da investigación.

O director executivo da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) indicou que todos os seus asociados están libres de sospeita e que o país máis afectado é Francia, onde se está debatendo un proxecto de lei sobre o libro electrónico que enfronta as editoriais francesas con Amazon. Con respecto a isto, é tamén interesante o artigo da web de RTVE, no que se apreza a “batalla de fondo” entre o portal estadounidense e os editores galos.

Raquel V.

 

Os comentarios están pechados.